lunes, 23 de noviembre de 2009

Día D, Hora H



Chegou o momento máis importante da tempada. E a un dálle algo de medo o que pode facer o moreniño cando está motivado e a tempada vive os seus primeiros partidos (a pesar da súa desastrosa actuación en San Siro).

Aínda que o partido de hoxe voltará buscar o morbo do Ibra vs. Eto'o, a importancia é tal, que xa non quedan moitas gañas de caralladas desas. Calquera dos seareiros de ambos equipos firmaría que o seu ex metese un hat-trick e o seu novo dianteiro fixese un partido de merda, se iso serve para gañar (a min poñédeme o contrado diante e non o penso...).

O conto é que un equipo de Mourinho que sae a buscar o empate (como farán hoxe) dá medo, porque case sempre o consigue. Probablemente a base de patadas e xogo sucio, algo habitual nas prácticas do portugués, pero que se escuda na efectividade (sempre me deu noxo a excusa de xogamos como o cú, pero vamos primeiros). Mata o fútbol. Benítez está avalado polos resultados co Liverpool, pero eu son incapaz de ver un partido seu do tirón...

Pois iso, pillade unhas birras, unhas pataquiñas, e desfrutade co entretemento dos pobres (de cartos e de espírito), non todo vai ser gafapastismo na vida. Hoxe hai día grande...

1 comentario:

  1. Visto con perspectiva, qué ben lle saliu a semana ó Barça, ¿non?
    Eu penso que Eto'o bota moito de menos ó seu ex-equipo: garantizáballe polo menos seis pases por partido en condicións óptimas para rematar, e agora ten que fabricarse él as ocasións.

    E si Ibra xa era bo antes,agora como colla un pouco do xenio e da rabia de Eto'o á hora de defender, vai ser o mellor dianteiro do mundo. Eu síntoo, pero de momento a Drogba non lle gaña ninguén...

    ResponderEliminar