miércoles, 11 de noviembre de 2009

Volve Mecano... por que nos tratas así, Deus? en que che fallamos?

Si amigos, faltaban eles para que o revival dos 80 estivese íntegro. Imaxino que Pedro (www.navesmasalladeorion.blogspot.com) (por que coño recomendo esta páxina aos tres mataos que len esta páxina, se tamén len aquela?) debería replantearse a súa lista de grupos que xamáis deberon volver.



E é que non sei moi ben quen coño os botaba de menos, quen lles dixo que era precisa a súa volta, que poden aportar algo ao panorama musical actual.

Os predecesores de El Canto del Loco, El sueño de morfeo, La oreja de Van Gogh; o grupo que, xunto dos Hombres G fixeron que moitos rapaces da EXB nos prantexásemos o suicidio para non ter que vivir nun país que idolatraba a os Cano e a Ana Torroja; os reis dos karaoke... están aquí, e ameazan con que a súa volta non se resuma só nun único tema de estudo para ter excusa para lanzar un novo "greatest hits" (si, outro máis, cantos van xa?).

Posiblemente os vexamos en tódalas festas patronais que se precien no verán que vén, e é que eses casposos cuarentóns, que queren recordar tempos mozos durante unha noite (non poderían mercarse un deportivo, como todo o mundo) para berrear xuntos aquelo de: 

Sola en mitad de la pista
reconoci a la carmela en accion
-yo te conozco de vista-
dije acercandome con decision
-ven paca fisonomista-
y dando un giro con transpiracion
me rego por aspersion
Bailando salsa
bailando salsa
bailando salsa en el stella
al son del ritmo sabroson
de las caderas de carmela
Ella llenaba un vestido
escotadito y con falda mini
yo iba a lo lauren postigo
con mi camisa color carmesi
anudadita al ombligo
que lo que era
ir hecho un hortera
ahora causa frenesi

O aquella otra de: 
Ay dalai lama dalai lama dalai
ay dalai lama ay dalai dalai
ay dalai  (un dos momentos cumio na literatura hispana)


Pois o dito, que vou facendo as maletas. Aquí non hai futuro.

4 comentarios:

  1. Mira, eu (graciñas a Dios...e ós meus pais), non teño recordos musicales deles sin estar separados. Pero hai versións de 'Perdido en mi habitación' de Niños Mutantes e de La Costa Brava...

    ResponderEliminar
  2. E El niño gusano fixera outra de Hoy no me puedo levantar, mellor que a orixinal (El niño gusano facendo unha mellor versión que Mecano, quen o diría)...

    Está claro que fixeron historia na música pop española, que todos os escoitamos, iso vai a misa. O das versións feitas por "músicos respetables", prefiro tomarmas como unha frikada. Se ata a min me gustou "tenía tanto que darte"

    ResponderEliminar
  3. hai unha cojonuda de os acusicas q a chaman nirvana torroja q a dos mortos no cementerio con música de nirvana está moi guay... repito o q te puxen en rei sombra, xa q mo censuraron...


    Tú lo q quieres es ir a casa de nacho cano con una camioneta y que por la mañana aparezca boca abajo en una cuneta.


    no entiendo la censura...

    ResponderEliminar
  4. o comentario non está censurado, de feito, deu pe a un debate posterior...

    ResponderEliminar