domingo, 15 de noviembre de 2009

Obra!!! Obra!!! Obra!!!


Isto vai ben, ten moi boa pinta. Durante o verán había certo medo aínda que moita ilusión (houbo unha invasión do Multiusos cando comezou a campaña de abonados, quizáis porque moitos queriamos aproveitar para ver un ano de ACB en Compostela, xa que logo ía ser complicado volver velo). Fichouse ben, aínda que quizáis algo tarde, e con certas dúbidas en postos chave. Stanic non parecía un base ACB, cando menos non un base titular, e dubidábase da aportación real de Mark Jackson (que non da súa calidade).

Os primeiros partidos non axudaron a ter un punto de vista máis optimista, e aínda que estaba a excusa de "es que llevamos poco tiempo entrenando y nos falta entendernos entre nosotros", o 0/4 xa estaba no peto, e aquí ninguén se para a preguntar. 

Pero era certo, o equipo agora consigue xogar durante 35 minutos o que antes só facía durante 10, e iso vai dar moitas victorias, as suficientes como para poder soñar con manternos, e se cadra sobrando dúas ou tres xornadas, e, aínda que hai que dicilo con toda a precaución do mundo, levar un 3/4 logo de xogar xa contra TAU, Barça e Unicaja... coño, é para dar palmas coas orellas.

O mellor é que se nota que o equipo gañou moitísima confianza, que se cre capaz de gañar xa a calqueira, e, aínda que volverán as derrotas, que nos paren iso. Kostas e Terry son un agasallo que durarán pouco en Santiago. O ano que vén non estarán connosco. Sánchez e Bulfoni son escoltas con clase. Manzano (crack!) da bos minutos, aínda que viña como Cenicienta... e Jackson é un luxo.

Pode que na última xornada contra Estudiantes nos esteamos xogando a permanencia (todos asinabamos iso cando comezou a tempada, chegar á derradeira xornada con opcións), pero de momento, non creo que xa ninguén nos tome como comparsa. Que temble o Murcia!!

2 comentarios:

  1. Eu, debo confesarme, era bastante escéptico. Pero as miñas dúbidas (a configuración do equipo, o apoio da afección, o xogo dun equipo tan "pequeno" na ACB) estánse borrando co entusiasmo, coas ganas e co traballo ben feito.

    Ocórreme algo similar co Celta de Eusebio. Toda a desconfianza se substitúe por ilusión. Ou, polo menos, coa satisfacción do traballo ben feito...

    ResponderEliminar