viernes, 6 de agosto de 2010

Los Planetas: 10 motivos polos que son os máis grandes.


1.- Porque crearon algo da nada, bueno, da case nada. Colleron os mimbres de Vainica Doble e, a outro nivel, Penelope Trip, e montaron un imperio. Un Imperio frondoso do que se nutren hoxe centos de grupos, no que antes era o deserto.

2.- Porque grabaron o que pode ser, posiblemente, o mellor disco debut do pop nacional dende os 60.

3.- Porque conseguiron que se falase moito deles, a miúdo mal, e fixeron que ata as persoas que non ían máis aló das radiofórmulas gastasen charlas verpertinas en defender que eran intragables e a J non se lle entendía. Xa sabedes, iso de que falen de tí, aínda que sexa mal.

4.- Porque a J enténdeselle difícilmente, pero aproveitouno para convertilo nunha marca distintiva, o concepto da voz como instrumento, e, de paso, preocupouse de aprender a cantar. Agora faino realmente ben.

5.- Porque busques onde busques difícilmente atoparás un mellor batería que Eric Jiménez.

6.- Porque grabaron Una semana en el motor de un autobús. O mellor disco da historia do pop español. (Efectivamente, mellor disco debut + mellor disco da historia do pop español = ....)

7.- Porque cando agotaron un filón, fixéronnos crer que se ían pasar ao flamenco porque se aburriron do pop, e o que en realidade acabaron facendo foi reinventarse. Fan o de sempre pero distinto, e rexurdiron dunhas ameazantes cinzas. ¿Cantos o fan?.

8.- Porque son capaces de dar o mellor concerto que viches nunca, e dous meses despois facerte pensar que están perdidos para a causa, que o concerto de hoxe é a súa morte definitiva... ata que no seguinte pensas que é o mellor concerto que lles viches nunca.

9.- Porque un ponse a pensar se dos que veñen detrás alguén poderá coller o seu relevo, pero en realidade do que te das conta é de que ninguén poderán significar xa nunca o que eles significaron.

10.- Porque nos segundos previos a que salten a un escenario acelérache o pulso, sintes certa opresión no peito, cústache algo máis respirar.

10 (bis).- Porque dende semanas antes de que saquen un novo disco non paras de falar se conseguirán manter o listón, ou de se a cagarán para sempre.

10 (bis, bis).- Porque últimamente volves a pensar que o listón o porán onde lles dea a gana.

10 (bis, bis, bis).- Porque nun ano onde en Galicia tocarán Muse, Arcade Fire, Jonsi, Patti Smith, Ben Harper, Dominique A, Interpol, e os que veñan a maiores... posiblemente eles xa deron o que será o concerto do ano.