martes, 16 de febrero de 2010

Goya e as súas tolemias


Hai xa innumerables anos (tantos como vida ten o cabezón) que hai certas cousas sobre estes premios que un non acada a entender. Diredes que é moi difícil entender nada de ningún premio en particular, e teredes razón, pero outras escápanse a calquera coñecemento humano actual (de feito, dise que hai centos de laboratorios traballando no asunto da búsqueda de explicacións). A miña principal dúbida é:




¿Por que coño a película que a Academia decide que representará a España nos Oscar, habitualmente non se come un colín nos premios de aquí? ¿É que Trueba e o seu estrabismo son máis cool en Hollywood que as simples gafas de Monzón? Se do que se trata é de levar unha peli vendible en ianquilandia... ¿acaso Agora non sería mellor opción? Don Alejandro é moi loubado por aqueles lares, todos o sabemos.




A nivel persoal, debo dicir que El baile de la victoria é unha peli que merece un aprobado, pero está lonxe do mellor Trueba, e non soporta a comparación con Celda 211 nin de lonxe (de Ágora non falo, porque non a vin), e posiblemente, con outras moitas produccións españolas deste razonablemente bo 2009.



Noutra orde de cousas, tentando falar do palmarés en si, semella que o máis chamativo, as maiores sorpresas, se deron no ámbito interpretativo. Pode que a moitos lles soase extraño que Lola Dueñas poida vencer ao gran Pene (gran pene??), pero aventuro que era de recibo. A Marta Etura, aínda que só fose polo impresionantemente guapa que ía, había que darllo (e porque as rivais tampouco eran Meryl Streep, deixémolo claro).

A min, persoalmente, escóceme máis o feito de que se premiase a Alberto Ammann como mellor actor revelación. Un claro borrón en Celda 211 foi a súa moi pouco críble interpretación. Fóra de lugar, mal como tipo duro, sosísimo como bo da película, nunca encontrou o lugar, o tono. Aínda que calqueira se quedaría pequeno compartindo escena con Malamadre, parece que ao arxentino se lle fixo tremendamente costa arriba a comparación, e perdeuse polo camiño... posiblemente o Goya máis estúpido dende Tamar Novas.

Tampouco (e isto é arriscarse, pois non vin Gordos) semella claro que Raúl Arévalo sexa merecedor do Goya a actor de reparto, e mira que me parece un bo tipo. A min, e, polo que se ve, á Academia, que o ten como neno mimado quizáis un pelín sobrevalorado. Creo que Darín, sen ser santo da miña devoción, non mereceu irse de valeiro, e podía usarse, como en tantas outras ocasións, o feito de que hai un tipo enorme que che impide levar o Goya ao protagonista, para aproveitar outro bo traballo e darche o de "consolación".

Polo demáis, nulas sorpresas. Se a Amenábar non o podemos huntar ata as orellas, que rasque o Mellor Guión cando menos. Alberto Iglesias naceu cun don que ninguén acada a discutir, Mateo Gil rasca algo tras estar sempre á sombra, e o pastón de Ágora vése razoablemente satisfeito no palmarés.

Slumdog, unha vez pasada a voráxine, quédase a anos luz de Entre les murs e Déjame entrar, noutro premio que non por esperable é menos criticable.

P.D.- Que Planet 51 lle gañe a pelexa á peli do meu irmán, non ten nome.























lunes, 1 de febrero de 2010

Popular culture...



Moitas son as queixas sobre o programa (ou a ausencia del) cultural que a Xunta preparou para o Xacobeo 2010. O certo é que a confusión e desinformación xeral serviulle ao goberno para lidiar o touro, e esconder que todo foi feito tarde, mal, e a rastro. 


O peor é que a maior inversión de pasta (fóra do que se untou a David Meca) foi destinada a festivais que non teñen as súas vistas en Galicia, nin no pasado, nin nos vindeiros anos. Non serei eu quen discuta que está moi ben que o Sónar teña unha parada en Coruña este ano, todos gozaremos de Air, LCD e compaña, conten comigo. Tampouco falarei mal da gala que a MTV preparará no noso país (mesmo se finalmente a presentan Lady Gaga e Gayoso, cousa que, é máis, faría que mesmo tivese maior interese para min)... pero é que iso non serve de premio para nada previo, nin de inicio dun futuro máis prometedor. Lonxe de apoiar un cartelazo do Festival do Norte (que o terá, pero por méritos solitarios) ou darlle pouco menos que un cheque en branco á xente de Sinsal, dámoslle un empurronciño ás promotoras catalanas, rajando do Estatut cando viaxamos a Madrid, iso si.



Dixen que o peor era iso?. Pido mil excusas, non teño perdón de Deus... o peor é que como parte do programa cultural do Xacobeo 2010 metemos as tres horas de nado que fixo o admiradísimo por aquí (e imaxino que é un sentimento compartido, preguntádelle a Pedro se non...). Fálanse de 300.000 euros, 50 kilitos. A 100.000 euros por hora de nado... non é mal negocio. Despois aínda hai xente á que se lle ocorre dicir que eses 300.000 supostos euros (o manager de Meca dixo que había un contrato que impedía saber canto cobrara o seu representado, chamádeme desconfiado, pero creo que debeu ser idea da Xunta) poderían ser destinados a pechar (ou axudar a: ) unha actuación de Radiohead, Coldplay, U2, The Strokes... mesmo Muse, se tivese que chegar o caso...