Moitas son as queixas sobre o programa (ou a ausencia del) cultural que a Xunta preparou para o Xacobeo 2010. O certo é que a confusión e desinformación xeral serviulle ao goberno para lidiar o touro, e esconder que todo foi feito tarde, mal, e a rastro.
O peor é que a maior inversión de pasta (fóra do que se untou a David Meca) foi destinada a festivais que non teñen as súas vistas en Galicia, nin no pasado, nin nos vindeiros anos. Non serei eu quen discuta que está moi ben que o Sónar teña unha parada en Coruña este ano, todos gozaremos de Air, LCD e compaña, conten comigo. Tampouco falarei mal da gala que a MTV preparará no noso país (mesmo se finalmente a presentan Lady Gaga e Gayoso, cousa que, é máis, faría que mesmo tivese maior interese para min)... pero é que iso non serve de premio para nada previo, nin de inicio dun futuro máis prometedor. Lonxe de apoiar un cartelazo do Festival do Norte (que o terá, pero por méritos solitarios) ou darlle pouco menos que un cheque en branco á xente de Sinsal, dámoslle un empurronciño ás promotoras catalanas, rajando do Estatut cando viaxamos a Madrid, iso si.
Dixen que o peor era iso?. Pido mil excusas, non teño perdón de Deus... o peor é que como parte do programa cultural do Xacobeo 2010 metemos as tres horas de nado que fixo o admiradísimo por aquí (e imaxino que é un sentimento compartido, preguntádelle a Pedro se non...). Fálanse de 300.000 euros, 50 kilitos. A 100.000 euros por hora de nado... non é mal negocio. Despois aínda hai xente á que se lle ocorre dicir que eses 300.000 supostos euros (o manager de Meca dixo que había un contrato que impedía saber canto cobrara o seu representado, chamádeme desconfiado, pero creo que debeu ser idea da Xunta) poderían ser destinados a pechar (ou axudar a: ) unha actuación de Radiohead, Coldplay, U2, The Strokes... mesmo Muse, se tivese que chegar o caso...
Viva a cultura, claro que si!
ResponderEliminarIso si, o combo Gayoso-Lady GaGa mobilizaría masas, claramente. Eu mesmo cambiaría de domicilio só por velo, dende logo. E un concerto dos Strokes neste momento, por moita pasta que poñas enriba da mesa, chungo...
Pedro, que están grabando disco, para o vran é posible que os Strokes estén en xira.
ResponderEliminarEu sigo apostando por Pearl Jam, que en xullo teñen días libres, e logo sempre se pode esperar a ver qué trae o FIB, para de paso, traelos por aquí (básicamente o que facía Vigo na época de Corina Porro... e así trouxeran a Franz Ferdinand e Arctic Monkeys...).
PD. E Lady Gaga tamén diría eso de 'Catedral Mundial do Folklore dos pobos'. Sería épico...
PD2: E con eses cartos fanlles cosquillas... aínda que agora que o penso: en xuño, Muse pretenden encher o Calderón... coa pasta que van palmar, igual aceptan a limosna de Feijoo..
Bueno, si no ando mal informado, el Casablancas dijo que este mes empezarían a trabajar en el disco, así que estar girando en verano por Europa me parece forzado, pero nunca se sabe...
ResponderEliminarY a Pearl Jam, mal que me pese (porque me viene de pena), el Azkena dice que los tiene en exclusiva en España. A lo mejor cuando agote abonos dice otra cosa (que ya somos todos mayorcitos), pero a día de hoy, es lo que hay.
soamentes por ese comentario de muse mereces unha semana 24 h co conselleiro...
ResponderEliminar