martes, 16 de febrero de 2010

Goya e as súas tolemias


Hai xa innumerables anos (tantos como vida ten o cabezón) que hai certas cousas sobre estes premios que un non acada a entender. Diredes que é moi difícil entender nada de ningún premio en particular, e teredes razón, pero outras escápanse a calquera coñecemento humano actual (de feito, dise que hai centos de laboratorios traballando no asunto da búsqueda de explicacións). A miña principal dúbida é:




¿Por que coño a película que a Academia decide que representará a España nos Oscar, habitualmente non se come un colín nos premios de aquí? ¿É que Trueba e o seu estrabismo son máis cool en Hollywood que as simples gafas de Monzón? Se do que se trata é de levar unha peli vendible en ianquilandia... ¿acaso Agora non sería mellor opción? Don Alejandro é moi loubado por aqueles lares, todos o sabemos.




A nivel persoal, debo dicir que El baile de la victoria é unha peli que merece un aprobado, pero está lonxe do mellor Trueba, e non soporta a comparación con Celda 211 nin de lonxe (de Ágora non falo, porque non a vin), e posiblemente, con outras moitas produccións españolas deste razonablemente bo 2009.



Noutra orde de cousas, tentando falar do palmarés en si, semella que o máis chamativo, as maiores sorpresas, se deron no ámbito interpretativo. Pode que a moitos lles soase extraño que Lola Dueñas poida vencer ao gran Pene (gran pene??), pero aventuro que era de recibo. A Marta Etura, aínda que só fose polo impresionantemente guapa que ía, había que darllo (e porque as rivais tampouco eran Meryl Streep, deixémolo claro).

A min, persoalmente, escóceme máis o feito de que se premiase a Alberto Ammann como mellor actor revelación. Un claro borrón en Celda 211 foi a súa moi pouco críble interpretación. Fóra de lugar, mal como tipo duro, sosísimo como bo da película, nunca encontrou o lugar, o tono. Aínda que calqueira se quedaría pequeno compartindo escena con Malamadre, parece que ao arxentino se lle fixo tremendamente costa arriba a comparación, e perdeuse polo camiño... posiblemente o Goya máis estúpido dende Tamar Novas.

Tampouco (e isto é arriscarse, pois non vin Gordos) semella claro que Raúl Arévalo sexa merecedor do Goya a actor de reparto, e mira que me parece un bo tipo. A min, e, polo que se ve, á Academia, que o ten como neno mimado quizáis un pelín sobrevalorado. Creo que Darín, sen ser santo da miña devoción, non mereceu irse de valeiro, e podía usarse, como en tantas outras ocasións, o feito de que hai un tipo enorme que che impide levar o Goya ao protagonista, para aproveitar outro bo traballo e darche o de "consolación".

Polo demáis, nulas sorpresas. Se a Amenábar non o podemos huntar ata as orellas, que rasque o Mellor Guión cando menos. Alberto Iglesias naceu cun don que ninguén acada a discutir, Mateo Gil rasca algo tras estar sempre á sombra, e o pastón de Ágora vése razoablemente satisfeito no palmarés.

Slumdog, unha vez pasada a voráxine, quédase a anos luz de Entre les murs e Déjame entrar, noutro premio que non por esperable é menos criticable.

P.D.- Que Planet 51 lle gañe a pelexa á peli do meu irmán, non ten nome.























1 comentario:

  1. Pois pra min a única sorpresa foi a de Lola Dueñas, non por non merecido, senon pq pensaba q llo darían á jolibudiense.

    Polo demáis: técnicos pra ágora, importantes pra celda 211 e todos contentos...

    ResponderEliminar