Moitas son as queixas sobre o programa (ou a ausencia del) cultural que a Xunta preparou para o Xacobeo 2010. O certo é que a confusión e desinformación xeral serviulle ao goberno para lidiar o touro, e esconder que todo foi feito tarde, mal, e a rastro.
O peor é que a maior inversión de pasta (fóra do que se untou a David Meca) foi destinada a festivais que non teñen as súas vistas en Galicia, nin no pasado, nin nos vindeiros anos. Non serei eu quen discuta que está moi ben que o Sónar teña unha parada en Coruña este ano, todos gozaremos de Air, LCD e compaña, conten comigo. Tampouco falarei mal da gala que a MTV preparará no noso país (mesmo se finalmente a presentan Lady Gaga e Gayoso, cousa que, é máis, faría que mesmo tivese maior interese para min)... pero é que iso non serve de premio para nada previo, nin de inicio dun futuro máis prometedor. Lonxe de apoiar un cartelazo do Festival do Norte (que o terá, pero por méritos solitarios) ou darlle pouco menos que un cheque en branco á xente de Sinsal, dámoslle un empurronciño ás promotoras catalanas, rajando do Estatut cando viaxamos a Madrid, iso si.

Dixen que o peor era iso?. Pido mil excusas, non teño perdón de Deus... o peor é que como parte do programa cultural do Xacobeo 2010 metemos as tres horas de nado que fixo o admiradísimo por aquí (e imaxino que é un sentimento compartido, preguntádelle a Pedro se non...). Fálanse de 300.000 euros, 50 kilitos. A 100.000 euros por hora de nado... non é mal negocio. Despois aínda hai xente á que se lle ocorre dicir que eses 300.000 supostos euros (o manager de Meca dixo que había un contrato que impedía saber canto cobrara o seu representado, chamádeme desconfiado, pero creo que debeu ser idea da Xunta) poderían ser destinados a pechar (ou axudar a: ) unha actuación de Radiohead, Coldplay, U2, The Strokes... mesmo Muse, se tivese que chegar o caso...
















3.- Mar adentro, de Alejandro Amenábar.- Outra película con raíces galegas, mesmo rodada por momentos en galego, por momentos en catalán, por momentos en español. Excesiva por momentos, máxica e impactante por outros. Soubo facer fronte ao gran lastre de contar con Tamar no seu reparto, que conseguiu que ata Belén Rueda semellase unha actriz brillante.



5.- Dominique A.- La Musique.- Un clasicazo que asina 
