martes, 19 de enero de 2010

20 MELLORES PELÍCULAS INTERNACIONAIS DA DÉCADA



Para puristas, aclarar que me consta que varias películas son coproduccións de innumerables países, pero poño os que creo que son evidentes:

20.- 4 meses, 3 semanas, 2 días, de Cristian Mungiu (Rumanía, 2007)

19.- La vida de los otros, de Florian Henckel von Donnersmark (Alemaña, 2006)

18.- El pianista, de Roman Polanski (Francia, Alemaña, 2002)

17.- Memento, de Christopher Nolan (EEUU, 2000)

16.- Paradise now, de Hany Abu-Assad (Palestina, 2005)

15.- Good bye Lenin, de Wolfgang Becker (Alemaña, 2003)

14.- Requiem por un sueño, de Darren Aronofsky (EEUU, 2000)

13.- Monstruos S.A., de Peter Docter (EEUU, 2001)

12.- La Clase, de Laurent Cantet (Francia, 2008)

11.- El hijo de la novia, de Juan José Campanella (Argentina, 2001)

10.- Amores perros, de Alejandro Gómez Iñárritu (México, 2000)

9.- Déjame entrar, de Tomas Alfredson (Suecia, 2008)

8.- Juno, de Jason Reitman (EEUU, 2007)

7.- Dogville, de Lars Von Trier (Dinamarca, 2003)

6.- Pequeña Miss Sunshine, de Jonathan Dayton e Valerie Faris (EEUU, 2006)

5.- Olvídate de mí, de Michel Gondry (EEUU, 2004)

4.- Up, de Peter Docter e Bob Peterson (EEUU, 2009)

3.- La Cinta Blanca, de Michael Haneke (Alemaña, 2009)

2.- Las tortugas también vuelan, de Bahman Ghobadi (Irán, 2004)

1.- Bailar en la oscuridad, de Lars Von Trier (Dinamarca, 2000)  


6 comentarios:

  1. Xa vexo... Así que ti es un dos responsables dese surrealista 4º posto de "Juno" en ReySombra, e da mera existencia de "Goodbye Lenin" na lista... Tomo nota...

    ResponderEliminar
  2. home, pedro, está claro que Juno non me gustou só a min... eu creo que foi unha boa película, entretívome, pareceume tenra, nada pretenciosa, divertida (na liña de Miss Sunshine...). En todo caso, acepto a "crítica", pero pensei que Good Bye Lenin a ti tamén che pegaba, vina orixinal, graciosa...

    por non falar das marabillosas bandas sonoras de ambas....

    ResponderEliminar
  3. Jajaja. Home, a min "Juno" pareceume entretida e punto (pretenciosa si que a vin: só cómpre botar un ollo aos diálogos), pero xamais a poría nun ranking de nada.
    De "Good Bye, Lenin" xa falaremos outro día. Detesto esta película. Non só non me creo unha puta palabra dela, senón que me parece o colmo da bágoa fácil e da sensiblería chunga. Nin Tiersen nin hostias: á fogueira con ela.

    Quedas perdoado por me lembrares que "Memento" e "Réquiem por un sueño" entraban nesta década.

    ResponderEliminar
  4. jajaja
    Chou, a de problemas que che trae declarar por aquí os teus "votos"... jajaja co que logo lle costa a Pedro falar "de esas películas".
    Tranquilo, Pedro, que él ata tivo que escribir de Bunbury e Piratas, e non pasou nada... ;)

    A mín o teu ránking gústame. Igual non nese orden, pero a grandes rasgos, eu acabei votando o mesmo...

    ResponderEliminar
  5. Eu tamén detesto "Good Bye Lenin". Non me gusta nada e tampouco creo unha palabra. Non é que me pareza que as películas teñan que ser necesariamente verosímiles, pero a lo menos teñen que ser coherentes co rexistro no que se moven, e Good By Lenin non o é.
    Tampouco soporto a Juno. A xente di que a protagonista é un amor, pero para min é coma House, se a coñecese en persoa botaría a correr para non aturala. Nótase que a guionista quere resultar divertida e transgresora a toda costa... A "Amores perros" e "El hijo de la novia" non os poría na lista e polo demais, estou máis ou menos de acordo, aínda que non nesa orde.
    Un bico ou dous!

    ResponderEliminar
  6. Carola? Carolina Castro??? en que orde a poría vostede?

    ResponderEliminar