20.- M. Ward.- Hold Time
5.- Dominique A.- La Musique.- Un clasicazo que asina o seu mellor disco dende o mítico "Auguri". En dous días vereino por terceira vez. A primeira nin sabía que era el, e deixoume abraiado. Daquelo hai xa case sete anos, se cadra, ata tiña pelo daquela.
4.- We Were Promised Jetpacks.- These four walls.- Pois sen dúbida, a maior sorpresa do ano. Discazo inmenso, ecléctico. Un debut case perfecto, que non contou co beneplácito dos medios, que confirman que aquí o que se precisan son hypes, e xa está. Temazo tras temazo.
3.- Jarvis Cocker.- Further Complications.- Un grande do Pop coqueteando con blues, co swing, co rock máis orgánico, e facéndoo como ninguén. Como dixen en Reysombra, semella que Barry White se reencarnou no ex de Pulp...
2.- PJ Harvey & John Parish.- A woman a man walked by.- Quizáis sexa un disco máis de grandes cancións, que un gran disco en sí. Quizáis é que, como di Pedro, o meu profundo amor por Polly Jean cega o meu criterio e vexo un gran traballo nalgo que non vai máis aló do aprobado. De todos xeitos, se isto, e isto, non son criterio suficiente para estar aquí, pues chico, yo de esto debe ser que ya no te sé nada...
1.- Grizzly Bear.- Veckatimest.- Quedareime só reivindicando a grandeza deste disco... dáme igual, completamente igual. O máis semellante aos Beach Boys que se deu nunca. Cascadas de coros sen comparación na actualidade, e obras mestras como Two weeks. Do mellorciño en moito tempo.
Gústame a selección, sobre todo polas suxerencias do top5 que aínda non escoitei: Dominique A (no playlist de Spotify, caerá en breve, We Were Promised... (en Spotify sólo teñen un single).
ResponderEliminarO disco de PJ Harvey eu non o poría tan arriba, pero tanto o de Jarvis como o de Grizzly Bear poderían estar no meu top 20...
E non te preocupes por Veckatisment. Si se publciase este ano, sería o disco do 2010, pero o ano pasado, a promo-blogosfera volcouse cos Animal Collective...
Home, meu, non sei, pero eu vexo "Veckatimest" en case todas estas listas do mellor de 2009 (a min mesmo paréceme un discazo), tivo unhas críticas excelentes e mesmo "Two Weeks" sae nun anuncio, así que moi só non vexo que esteas...
ResponderEliminarXa vexo de onde saíu We Were Promised... en ReySombra. Agora me poño con eles e xa che contarei.
Con PJ eu son tan cego coma ti e recoñézoo, pero aparte deses dous flashes (e quizáis "Pig Will Not") non pasa do ben alto, sen chegar a notable. Se cadra cómpre ter en conta que non é un disco de PJ, senón de PJ e JP, que son cousas distintas.
E como este ano Slipknot non sacou disco, de acordo con bastantes, agás con Bishop Allen, que son uns brasas de coidado. E Alela un pouquiño tamén.
efectivamente, pedro, quizáis a miña guerra contra o mundo por Veckatimest sexa algo esaxerada... se ese grupo non foi reivindicado, qué dirán outros. Igual é a indignación por non velo directamente nalgún número 1, como di javi, probablemente por saír no ano do bum de Merriweather (que non lle quito mérito, para min, outro discazo)...
ResponderEliminarxa sabes que, sen chegar a niveis telemaquianos, gústame moito o de ser tremendamente categórico...