martes, 12 de enero de 2010

Mellores discos do 2009 de aquí.

Pois iso, aínda que quizáis algo tarde, por estes lares non queremos faltar á cita anual co mellor de aquí e de alí (como diría o gran Julio Ruiz). Non foi un gran ano no musical en España, non nos enganemos, pero sempre hai cousas dignas de salientar. Este ano cólanse tres EP's, que creo sinceramente que son moi bos (aclároo porque haberá quen crea que meto tres ep's porque non hai suficientes lp's de calidade, e tampouco é iso).

10.- Lagartija Nick.- Larga Duración

9.- 6 P.M..- Tape worms ep

8.- Alondra Bentley.- Ashfield avenue

7.- Joan Miquel Oliver.- Bombons mallorquins

6.- PAL.- Error de fábrica

5.- Klaus and Kinsky.- Por qué no me das tu dinero? ep .-  Estiveron moi afortunados co seu debut, o ano pasado, con temazos como Teléfono de la esperanza (non atopei video en youtube), ou Nunca estás a la altura

4.- La Bien Querida.- Romancero.- Foi o seu ano, está claro. Padriños sobráronlle. Que J e Chinarro te promociones, é mellor que ser o amigo fiel de Corleone... pero calidade a esta rapaza non lle falta.

3.- Elle Belga.- 1971.- Debut de Josele, ex de Manta Ray, a medio camiño entre o feito anteriormente e a evolución que marcou o tamén ex Nacho Vegas
Destaca seguramente e a espida Todas las cosas, onde Fany Álvarez ten un papel estelar, nesa segunda liña. Unha delicia, un descubremento, unha oda á voz como intrumento.

2.- Delorean.- Ayrton Senna ep.- Dende logo, xa non son unha sorpresa, pero quizáis nunca estiveron tan sobresalientes, aínda que se trate dun media duración. Deli é un hitazo, deses que engancha xa sen preparación previa, sen que poidas deixar de bailar sentado no sofá

1.- Manos de Topo.- El primero era mejor.- Só por ese título, tan sincero como orixinal, tan divertido como representativo, merecían un posto nesta lista. Logo resulta que volven facer cancións enormes, sintonías preciosas, e aguantan o tirón dun debut tan terriblemente persoal, deses que case non deixa espazo para un segundo traballo. Os seus vídeos seguen sendo obras de arte, semella difícil imaxinar a ninguén que manteña un nivel tan alto por estes lares nese senso (que para iso se coñeceron mentres estudaban/estudan cine). É certo que pode ser un escalón inferior a Ortopedias bonitas, pero coño, Neon Bible non é Funeral, e non por iso Arcade Fire deixan de ser unhas bestias pardas.



3 comentarios:

  1. Efectivamente, o título mola... e ata aí. Creo que non paga a pena nin discutir: Manos de Topo ou te entran ou non e se é que non, non hai nin que intentalo. E a min, personalmente, esa voz provócame ansias asasinas...

    Do resto, Delorean inmensos, 6pm e Joan Miquel Oliver gustoume o que oín, detesto a La Bien Querida e abúrreme un pouco Elle Belga. O de Lagartija Nick nin o escoitei.

    Que nervios sobre quen será o teu número 1 internacional... ;)

    ResponderEliminar
  2. sí, trátase dun dos segredos mellor gardados da historia da humanidade...

    ResponderEliminar
  3. Da lista quédome cos EPs de 6pm, Delorean e Klaus&Kinski, e cos discos de Alondra Bentley, La Bien Querida e Manos de Topo... por suposto. Poliptoton, con outro cantante calquera, sería moi fácil... é como, eu que sei, BLASFEMIA ON: si se lle entendese a Jota... non sería o mesmo BLASFEMIA OFF.

    Agora en serio: ó de Lagartija Nick non lle prestei demasiada atención, nin ó de PAL (sólo unha escoita, pero volverei...)
    E antes de con Joan Miquel, tería que poñerme con Antonia Font...

    ResponderEliminar