viernes, 25 de diciembre de 2009

10 MELLORES PELÍCULAS DO 2009 (2ª PARTE)



3.- Déjame entrar, de Tomas Alfredson.- Está claro que non son orixinal, e que calquera 
que se dese un paseo por uns grandes almacéns ve que esta pelicula lle gustou a moita xente, e non merece menos. A dozura coa que se conta esta historia de vampiros (sei que mentar a esos seres dá pouco menos que grima, correndo os tempos que corren), sen deixar de lado o que realmente é: unha historia de amor imposible bañado en sangue, non merece menos que un aplauso.
O maltrato por parte dos compañeiros, a fantasía de que podes vingarte desa xente que só busca facerche dano, a habilidade para contar sen amosar... todo iso é Déjame entrar. Se alguén non a viu, xa está correndo


2.- Up, de Pete Docter.- Debo pedir desculpas. Non podo 
evitar ter a sensación de estar pecando, de que é imposible 
que esta película non sexa a mellor do ano (quizáis o feito 
de que acabo de vela no Blu-ray que lle regalei a Paula, e que 
está fresca na memoria me fai deixar levar polos sentimentos).
Era Píxar, era unha aposta segura. E precisamente iso a fai aínda máis maxistral, máis emocionante, máis intensa, máis inspiradora. O feito, case a seguridade, de que esta xente non ten teito. Nin o ceo é xa o límite.
E é que o señor Friedricksen podería ser calqueira dos nosos avós, e a súa historia de amor é a que calqueira quixera ter, aínda que dure catro minutos e medio. E é que durante eses catro minutos e medio non se di nin unha soa palabra, pero se non che arranca un sorriso, e unha bágoa case ao mesmo tempo, non es persoa. 
Sen discusión, a mellor longametraxe de xente que xa fixo obras mestras como Toy Story ou Montruos S.A.




1.- La Cinta Blanca, de Michael Haneke.-  Dende o punto de vista de Pedro, que entendo, e mesmo non sei se comparto, esta película non debería aparecer nesta lista, e só podería estar na do 2010, xa que non chegou a data do estreno oficial. Cineuropa deume esa oportunidade, quizáis sexa trampa. Pero saber que xa viches a peli e tentar esquecelo é imposible.
Imposible polo ben contada que está, polo recoñecemento que merece unha das mellores seleccions de casting infantil que se poida lembrar.
Polo narrador, porque ata o final non sabes a que personaxe lle tes que facer caso, e resulta que xa che contaron a vida de todos, as súas miserias, tódolos matices. E miras o reloxo e pasaron case tres horas (si, Pedro, é moi longa, pero desas que pagan a pena por cada segundo) e non usaron nin un artificio que axudase a facer da trama algo máis levadeiro. Nin falta que fixo.
A cinta branca limítase a contarche unha historia, e a que te deas conta do ben feita que pode estar unha película sen necesidade de axudas externas. Só cun bo guión e con xente que sabe limitarse a facer o que ten que facer. Dito así, non parece gran cousa, pero o certo é que a día de hoxe, o resultado é unha obra mestra. ¿Ou é que alguén que xa a vise mo pode negar?.


P.D.- Nos prestixiosísimos premios europeos do cine, déronme a razón, e puxeron a Haneke por enriba de Audiard, nun ano no que se verán a cara en milleiros de galas, loitando polas mesmas categorías. Non hai cor (lo pillas?)

P.D.2.- Insisto, aínda así, na sensación de desacougo interior que me produce relegar a Up a un segundo posto (sei que para os tres que ledes isto, non pasa de ser unha frikada), pero xa está, non hai marcha atrás.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

10 MELLORES PELÍCULAS DO 2009 (1ª PARTE)

Ay (suspiro) meus benqueridos amiguiños, chega o Nadal, esas datas que consiguen sacar o peor de min. Que fan que vaiamos de cola do súper, a cola do Corte Inglés, a atascos nas rúas, a choques con outros peóns, a quedarse sen saldo na tarxeta de crédito, a preguntarnos por qué coño somos tan estúpidos e non agardamos uns días para as rebaixas (isto en caso de que xa saibamos que os Reis non existen, porque non existen, síntoo).

Pero algo bo tiña que haber nestas datas. E como sabedes que para min facer listas é como para Manu felar a toda a plantilla de traballadores da Marvel, aló imos

10 mellores pelis do ano:

10.- Vals con Bashir, de Ari Folman


9.- Buscando a Eric, de Ken Loach


8.- Slumdog Millionaire, de Danny Boyle

7.- El Profeta, de Jacques Audiard


6.- Celda 211, de Daniel Monzón


5.- Entre les murs, de Laurent Cantet


4.- El secreto de sus ojos, de Juan José Campanella



... e non penso seguir ata que Pedro me insulte por incluír a Slumdog...

lunes, 23 de noviembre de 2009

Día D, Hora H



Chegou o momento máis importante da tempada. E a un dálle algo de medo o que pode facer o moreniño cando está motivado e a tempada vive os seus primeiros partidos (a pesar da súa desastrosa actuación en San Siro).

Aínda que o partido de hoxe voltará buscar o morbo do Ibra vs. Eto'o, a importancia é tal, que xa non quedan moitas gañas de caralladas desas. Calquera dos seareiros de ambos equipos firmaría que o seu ex metese un hat-trick e o seu novo dianteiro fixese un partido de merda, se iso serve para gañar (a min poñédeme o contrado diante e non o penso...).

O conto é que un equipo de Mourinho que sae a buscar o empate (como farán hoxe) dá medo, porque case sempre o consigue. Probablemente a base de patadas e xogo sucio, algo habitual nas prácticas do portugués, pero que se escuda na efectividade (sempre me deu noxo a excusa de xogamos como o cú, pero vamos primeiros). Mata o fútbol. Benítez está avalado polos resultados co Liverpool, pero eu son incapaz de ver un partido seu do tirón...

Pois iso, pillade unhas birras, unhas pataquiñas, e desfrutade co entretemento dos pobres (de cartos e de espírito), non todo vai ser gafapastismo na vida. Hoxe hai día grande...

miércoles, 18 de noviembre de 2009

PASATEMPOS DO DÍA...













Búscanse as diferencias, algunha debe haber, porque a uns dáselle o que buscan, e a outros non...

domingo, 15 de noviembre de 2009

Obra!!! Obra!!! Obra!!!


Isto vai ben, ten moi boa pinta. Durante o verán había certo medo aínda que moita ilusión (houbo unha invasión do Multiusos cando comezou a campaña de abonados, quizáis porque moitos queriamos aproveitar para ver un ano de ACB en Compostela, xa que logo ía ser complicado volver velo). Fichouse ben, aínda que quizáis algo tarde, e con certas dúbidas en postos chave. Stanic non parecía un base ACB, cando menos non un base titular, e dubidábase da aportación real de Mark Jackson (que non da súa calidade).

Os primeiros partidos non axudaron a ter un punto de vista máis optimista, e aínda que estaba a excusa de "es que llevamos poco tiempo entrenando y nos falta entendernos entre nosotros", o 0/4 xa estaba no peto, e aquí ninguén se para a preguntar. 

Pero era certo, o equipo agora consigue xogar durante 35 minutos o que antes só facía durante 10, e iso vai dar moitas victorias, as suficientes como para poder soñar con manternos, e se cadra sobrando dúas ou tres xornadas, e, aínda que hai que dicilo con toda a precaución do mundo, levar un 3/4 logo de xogar xa contra TAU, Barça e Unicaja... coño, é para dar palmas coas orellas.

O mellor é que se nota que o equipo gañou moitísima confianza, que se cre capaz de gañar xa a calqueira, e, aínda que volverán as derrotas, que nos paren iso. Kostas e Terry son un agasallo que durarán pouco en Santiago. O ano que vén non estarán connosco. Sánchez e Bulfoni son escoltas con clase. Manzano (crack!) da bos minutos, aínda que viña como Cenicienta... e Jackson é un luxo.

Pode que na última xornada contra Estudiantes nos esteamos xogando a permanencia (todos asinabamos iso cando comezou a tempada, chegar á derradeira xornada con opcións), pero de momento, non creo que xa ninguén nos tome como comparsa. Que temble o Murcia!!

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Volve Mecano... por que nos tratas así, Deus? en que che fallamos?

Si amigos, faltaban eles para que o revival dos 80 estivese íntegro. Imaxino que Pedro (www.navesmasalladeorion.blogspot.com) (por que coño recomendo esta páxina aos tres mataos que len esta páxina, se tamén len aquela?) debería replantearse a súa lista de grupos que xamáis deberon volver.



E é que non sei moi ben quen coño os botaba de menos, quen lles dixo que era precisa a súa volta, que poden aportar algo ao panorama musical actual.

Os predecesores de El Canto del Loco, El sueño de morfeo, La oreja de Van Gogh; o grupo que, xunto dos Hombres G fixeron que moitos rapaces da EXB nos prantexásemos o suicidio para non ter que vivir nun país que idolatraba a os Cano e a Ana Torroja; os reis dos karaoke... están aquí, e ameazan con que a súa volta non se resuma só nun único tema de estudo para ter excusa para lanzar un novo "greatest hits" (si, outro máis, cantos van xa?).

Posiblemente os vexamos en tódalas festas patronais que se precien no verán que vén, e é que eses casposos cuarentóns, que queren recordar tempos mozos durante unha noite (non poderían mercarse un deportivo, como todo o mundo) para berrear xuntos aquelo de: 

Sola en mitad de la pista
reconoci a la carmela en accion
-yo te conozco de vista-
dije acercandome con decision
-ven paca fisonomista-
y dando un giro con transpiracion
me rego por aspersion
Bailando salsa
bailando salsa
bailando salsa en el stella
al son del ritmo sabroson
de las caderas de carmela
Ella llenaba un vestido
escotadito y con falda mini
yo iba a lo lauren postigo
con mi camisa color carmesi
anudadita al ombligo
que lo que era
ir hecho un hortera
ahora causa frenesi

O aquella otra de: 
Ay dalai lama dalai lama dalai
ay dalai lama ay dalai dalai
ay dalai  (un dos momentos cumio na literatura hispana)


Pois o dito, que vou facendo as maletas. Aquí non hai futuro.

viernes, 6 de noviembre de 2009

Ashes of time redux (Cineuropa 2009, cap 1)

 (en idioma español pola inminente actualización en reysombra)

Ashes of time redux, del chino Wong Kar-Wai, marcaba el inicio de mi Cineuropa particular, y lo hizo con un sabor un tanto agridulce.

Comencemos por el final, en una puntuación del 1 al 5, en el que se fuesen sucediendo los típicos "menudo bodrio - se deja ver - interesante - coño, esta es muy buena - menuda obra maestra", la última película del director de My blueberry nights, coquetearía entre el dos y el tres, más cerca del primero.

Y es que en los 15 años que la mayoría del metraje de Ashes of time redux se a pasado pochando en una estantería (que uno consulta internet para saber estas cosas), parece que hasta el propio Kar-Wai se ha desubicado, y se ha quedado a medio camino entre un prólogo de Fallen angels y un epílogo de la propia My blueberry nights.

Lo peor de la película discurre en su primera media hora, donde los personajes se definen de una forma un tanto caótica, bien porque el autor (también guionista) no consigue explicarnos lo que pretende, bien porque los chinos son todos iguales, y, para más inri, algún actor duplica personaje. Desde luego, no nos pusieron las cosas fáciles al público occidental.

Por el medio desfilan varios personajes que cuentan sus historias de tragedia y desamor al ya fallecido Leslie Cheung (espero que en este caso la red no me haya contado un bulo, y el tío la haya palmado de verdad), que interpreta a algo así como lo

 que sería un manager de sicarios visto en nuestra sociedad. Alguien tiene una cuenta pendiente, lo busca, y éste se encarga de encontrar un espadachín que se tome la justicia por su mano, y salde dicha cuenta. El hijo que toda madre quisiera, vamos.

El caso es que con el paso de las escenas, con incontables luchas de sables, mujeres bipolares y, démosle flores, imágenes de una belleza sobresaliente, Kar-Wai se consigue centrar y contarnos finalmente aquello que tenía planeado, de forma en que, amigos, hasta hemos conseguido entenderlo. Y nos ha hecho pasar el rato.

Llega la pregunta que todos esperábais... ¿se la recomendaríais a un amigo?. Pues, hijos míos, mejor nos vamos de cañas... 

lunes, 26 de octubre de 2009

Próximamente, en reysombra.com...

Creo que hemos llegado a donde no se debío haber llegado. Esa es la conclusión que saco sobre el concierto de Los Planetas durante las fiestas patronales de Lugo. Y es que los granadinos llegaron, vieron, y dieron un buen concierto. Profesional (ellos, no tanto el sonido, que le lleva haciendo algunas perrerías durante la gira), sin fisuras, sonando de forma compacta... pero sin emocionar, y conectando poco con el público.

Esto último se notó especialmente durante la primera media hora de concierto, donde sólo el inicio con San Juan de la Cruz se desmarcó del La leyenda del espacio durante ese tiempo. Hubo en el segundo tema tiempo para presentar Romance de Juan de Osuna su próximo Ep, que tiene claros visos de seguir el camino marcado por su anterior trabajo. Debo reconocer que La leyenda del espacio me parece un disco majestuoso, y probablemente su mejor trabajo desde Una semana en el motor de un autobús, pero no parece muy claro que esa impresión sea mayoritario, cuando menos en sus directos.

Nunca fue J un hombre de muchas palabras durante sus conciertos. En realidad, nunca le hizo falta en los tiempos de Mi hermana pequeña, Qué puedo hacer, De viaje (único tema del Super 8 que se pudo escuchar el Lugo) o La caja del diablo. Por aquel entonces sus canciones no eran canciones, eran himnos. Pero es que han crecido, se van haciendo mayores, igual que aquellos adolescentes a los que nos cambiaron la vida. Todos somos más maduros, y ellos han encontrado su madurez... qué queréis que os diga, es una pena. Entiéndame bien el lector, creo que Los Planetas nos van a dar aún muchas alegrías, pero será desde el estudio. El mejor concierto de nuestra vida de Los Planetas ya lo hemos visto.
 
Y es que el concierto transcurrió por unos derroteros monocordes hasta que, en los primeros instantes de Segundo premio a Eric se le rompió el parche del bombo y J tuvo que parar el concierto mientras se subsanaba el incidente. Momento de minutos musicales amenizados con Wish you where here. Ahí cambió todo, ahí volvió la magia, o, mejor dicho comenzó. Cayeron los hits necesarios. Quizás no los mayores, pero sí los suficientes para irse de la plaza pensando "Coño, qué grandes son, joder". 

Y es que pongan ustedes en fila india a Segundo Premio; Pesadilla en el parque de atracciones; De viaje; Que no sea Kang, por favor; Alegrías del incendio; Reunión en la cumbre; Nunca me entero de nada Devuélveme la pasta (con J puño en mano, una silueta clásica) y díganle a los artistas que el concierto al que acaban de acudir no ha valido la pena. Pues no hay bemoles, oiga.

Quedaron para el final Canción del fin del mundo y una David y Claudia que hizo que hasta un segundo bis supiese a poco, a pesar de la frialdad del inicio. ¿El mejor concierto de Los Planetas? Que no, coño, que ese ya lo hemos visto, pesados.

La noche siguió, con los granadinos amenizando también la vida social durante las fiestas, y con Florent a los mandos de una cabina que no acabó de convencer en un garito subterráneo lucense... pero eso ya era otra historia.

sábado, 10 de octubre de 2009








Hoxe, en dúas horas e media, comeza a tempada ACB en Santiago... 20 anos despois dun dos maiores roubos da historia recente do deporte. Custou máis volver admitir ao Obradoiro mellor liga europea que descender á Juve a segunda división...


O curioso do caso é que hoxe comezamos directamente polo postre, o Regal Barça, o meu equipo... salvo esta tarde. Non son afeccionado do Obradoiro dende cativo, de feito, teño vagas lembranzas daquel partido contra o Juver Murcia, pero, amigos, o interese de poder ver baloncesto ACB en Compostela pode moito.


De todos xeitos, a liga real comeza este xoves... hoxe desfrutaremos con outras cousas...

miércoles, 7 de octubre de 2009

domingo, 27 de septiembre de 2009

Días de vino y rosas


Esta semana fumos ao teatro, logo dunha inoportuna migraña que nos impediu achegarnos ao Principal, puidemos resarcirmos na beira do Lérez.
Non falarei, autocensureime, da eterna sensación que me invade cando acudo a unha obra como mero espectador. Da sensación do actor en paro.
Falarei só da obra, que, neste caso, non é pouco.

Días de vino y rosas é unha adaptación do clásico protagonizado por aquela bestia parda que foi Jack Lemmon. Levar unha película de tal calidade ao teatro sempre se fai compricado. E tendo tan presente a grandiosa interpretación da versión cinematográfica, as gañas de vela en teatro eran tan grandes como perigosas.
Perigosas pola subconsciente obsesión que temos por facer comparacións, e porque o cine ten aspectos que o teatro, por mera lei física, non pode ofrecer.

Agora ben, amiguiños, cando dous intérpretes se poñen a un par de metros de ti para contarche unha historia, dá igual que non existan efectos especiais, unha gran banda sonora... nin tan sequera unha escenografía especialmente coidada.
Esta parelliña, en cuestión, era Carmelo Gómez e Silvia Abascal (non sodes tontos, xa sei que os vichedes na foto). O primeiro, que hai anos que demostrou todo o que tiña que demostrar (lembro o perturbado que me deixara Vacas...), non fai máis que confirmar o tremendo actor que é. Bo de verdade, deses que fuxen de momentos de autolucimento. Limítase a facer o que ten que facer. Se é leñador, aparenta ser leñador; camareiro se camareiro, relacións públicas se relacións públicas... 

O caso de Silvia Abascal é curioso. Está aí para a meirande parte da opinión pública, todos a coñecemos (quen sabe se case máis que ao propio Carmelo) pero servidor non pode evitar ter a sensación de que é unha das actrices máis infravaloradas do panorama estatal. Das peor aproveitadas. Imaxino que lle faría falla estar tan cachonda como unha Pataky de turno (aínda que posúa esa beleza incuestionable). Non sei, non o entendo, Pedro, pídoche axuda. ¿Trátase dunha filia persoal? ¿ou é que o cinema patrio está tan plagado de actrices de indubidable categoría que a Abascal non remata de ter o recoñecemento masivo que merece?.

En fin, que o que eu quería dicir, básicamente, é que a vexades, e que se no momento de máxima tensión dramática da obra, a alguén lle soa o móbil, non o dubidedes, matádeo coas vosas propias mans, apretando tanto o pescozo que vexades que as veas lle rebentan. Hai placeres que non debedes evitar, senón vos iredes do teatro coa sensación de que un ser que non merece vivir convirteu un momento 10 nun momento 9,5...

jueves, 24 de septiembre de 2009

O bilingüísmo armónico...

Adxúntovos un artigo que lin esta mañá logo dunha aburrida xornada de traballo... moitos de vós (bueno, Manu, vaia) quizáis xa o vichedes adxuntado no feisbuk de Nadapeich




XOSÉ MANUEL PEREIRO

Sobrevivir en gallego

XOSÉ MANUEL PEREIRO 24/09/2009

 
Gracias, tu voto:
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 243 votos
Imprimir   Enviar

"Ahora se puede decir que vivimos en un país libre, en el que se puede hablar gallego o castellano", sentenció hace unos días, como ejemplo de las bienaventuranzas de la victoria de Feijóo, el presidente de la Diputación y del PP de Pontevedra, Rafael Louzán. Lo dijo en el castillo de Soutomaior, en el acto de despedida del veraneante ilustre que los conservadores hacen ahora a Rajoy como hacían antes a Fraga, hasta que se quedó. A Louzán se le podrá discutir cualquier cosa, excepto que conoce de sobra en qué mundo vive, así que lo que dijo hay que atribuírselo a un exceso de esa pasión tan gallega, rayana en la idolatría, de satisfacer al veraneante. Porque Louzán sabe perfectamente que el derecho a elegir idioma se conquistó con la derogación del régimen franquista, no con la del gobierno bipartito. Y también que una cosa es tener el derecho y otra ejercerlo.

      La noticia en otros webs

      Los gallegohablantes son los realmente bilingües y cambian más de registro para evitar conflictos

      Para aquellos que no tengan ese conocimiento, indiscutible y retráctil, que tiene Louzán, o no sean de aquí y puedan aprovechar que esto está en castellano, permítanme que les esboce un mapa. Monolingües en gallego en sentido estricto son ya únicamente, además de algunos bares de copas compostelanos, las pequeñas poblaciones rurales. Allí, un castellanoparlante se puede desenvolver perfectamente, como se demuestra cuando vienen los parientes emigrados. Quizás a las personas de más edad de esos territorios sociolingüísticos les cueste o les sea imposible cambiar de registro idiomático, pero no a los más jóvenes, pese a esos seres míticos -los pobres niños que sólo saben hablar gallego- en cuya existencia creen los gallegofóbicos compasivos. Monolingües en castellano son -en algunos casos incluso a su pesar- en los ámbitos urbanos, gran parte de las clases medias, la totalidad de las altas y la mayoría de los jóvenes de cualquier clase social. Irrumpir en gallego en algunos de esos ambientes va de lo impropio a lo extravagante y, en casos extremos, a lo temerario. Y desde luego, quien lo hace es porque es un paleto o es nacionalista. Por ignorancia o por provocar, vamos.

      "¿Usted habla gallego porque quiere o porque se lo imponen?", le preguntó en fecha tan remota como el pasado lunes un taxista a un amigo mío, un artista muy conocido. Cuando el cliente le contestó que lo hacía voluntariamente, el chófer concluyó: "Entonces es galleguista". Usar el idioma propio de Galicia es ideológico. Usar el otro, no. Ser sorprendido hablándole por la calle en gallego a un niño pequeño suscita en algunos viandantes miradas tan reprobatorias como si, en lugar de emplear la lengua de sus ancestros, se le fuese azotando con una vara. En una actividad extraescolar he visto como un padre se dirigía a sus hijas cambiando de idioma según el volumen (en bajo en gallego, en alto en castellano). La situación es tan de libro que, como no podía ser de otra forma, afecta más a las mujeres.

      Territorios bilingües, en los que predomina el gallego, pero hay un dominio funcional de ambas lenguas y a nadie extraña el registro idiomático del interlocutor ni saca conclusiones por el que tenga, son los demás. Y como la Amazonía, están en fase menguante. Cada vez más, sea en las ciudades o en las villas, en cualquier escala social, la lengua vehicular, la que se usa en el primer contacto con un desconocido, es el castellano. Si los dos interlocutores descubren que son gallegohablantes, se suelen pasar a su idioma, en algunos casos incluso con cierta complicidad. O no. Lo normal es que una dependienta atienda en español, por mucho que se la interpele en gallego y ella haya estado hablando con una compañera en la misma lengua. En una época en la que frecuenté hospitales, no dejaba de sorprenderme -relativamente- cómo la presencia de un único castellanohablante en una habitación de cuatro cambiaba el registro de los otros tres. Lo mismo pasaba, claro, ante la presencia del personal médico. En resumen, los gallegohablantes tienen más facilidad para cambiar de registro -son los realmente bilingües- y tienen que hacerlo mucho más para evitar situaciones de conflicto.

      Pese a que seguramente constituya una sorpresa para aquellos que viven en un mundo impermeable al vernáculo, la mayoría de la población es gallegohablante, como aseguran las estadísticas. Así que este panorama de acoso y descrédito de la mayoría por la minoría sólo se explica porque ese teórico equilibrio oficial no es tal. "Aquí vivimos todos con un bilingüismo y una cohabitación razonablemente bien, sabiendo que iba ganando el castellano y en retroceso el gallego", dijo Pachi Vázquez en este periódico, de forma tan expresiva como semánticamente ambigua (el "razonablemente bien" ¿es complemento circunstancial de la primera frase, de la segunda, o de ambas?). O como aclaró Gloria Lago en otro, los militantes del castellano soportaban la legislación teóricamente equilibradora en la enseñanza porque no se aplicaba, hasta que se intentó hacerlo. Es decir, el derecho está ahí, y lo que ha hecho Feijóo ha sido recordar de nuevo que pretender ejercerlo puede tener consecuencias.


      lunes, 14 de septiembre de 2009

      Pasen e vexan señores, o meirande espectáculo do mundo...


      http://www.youtube.com/watch?v=hZ4uk6UU8vc&eurl=http%3A%2F%2Fwww%2Esport%2Ees%2Fdefault%2Easp%3Fidpublicacio%5FPK%3D44%26idioma%3DCAS%26idnoticia%5FPK%3D644890%26idseccio%5FPK%3D1266&feature=player_embedded#t=58

      sábado, 12 de septiembre de 2009

      Que vén o lobo...

      Moitos me preguntan canto hai de certo no alarmismo polo da Gripe A... para min, é tremendamente alarmante, xa que hai uns cantos días que se rumorea que esta muller



      (deixareivos uns segundos para que vos repoñades do susto....)......, ......., ......, ameaza con deixarnos sen vacacións ante unha posible saturación dos servizos médicos a partir do mes que vén.

      O certo é que, por chorrada que sexa a enfermidade (que o é, cando menos de momento), ter, ténnos acojonados. Somos conscientes de que calquera persoa con síntomas gripais se achegará a Urxencias, como xa está a pasar, por medo ao que poida ocorrer o seu futuro vital. Non se está traballando de xeito serio na creación dun filtro en centros de saúde, e somo nós os que temos de dar a cara, e quedar como bordes intolerantes cando lles dicimos aos doentes aquelo de "isto non é unha urxencia, para isto hai que ir ao Médico de Cabeceira...". Imaxino que non é suficiente coa continua ameaza de "como á miña avoa lle pase algo na casa, vaste acordar de min", ou con algunha agresión que outra, vamos, o pan de cada día.

      O virus non mutou aínda, é probable que o faga, e entón non se sabe moi ben o que pasará (o máis probable é que siga sen ser especialmente letal). Pero como isto chegou en verán, fóra do curso político e de novas sen sentido (o paraíso para informativos como os de Telecinco ou LaSexta, vamos) os minutos de televisión que aportou son impagables. Se a iso lle unes o pouco interese de empresas farmacéuticas en que a bola de neve non medre, xa está todo listo para unha alarma mundial.

      Se as estimacións son certas, pasarán (ou pasaremos, probablemente) a gripe A arredor de 400.000 galegos, e preto de 6.000.000 de españois. Unha burrada, vamos. Se o nivel de mortandade se mantén (de momento 25 mortos por 80.000 afectados) falecerán arredor de 2000 persoas, traducido, unha décima parte -nin sequera- das que morren anualmente pola gripe "vulgar".

      Así que salvo que teñades unha enfermidade pulmonar, sexades diabéticos, ou usedes a talla XXXL, por favor, paracetamol, moito líquido, e a pasala na casa...

      jueves, 6 de agosto de 2009

      mi tesoooooooro

      Grada Norte
      Tribuna 2
      Fila 6
      Asento 42


      Primeira cita: Xacobeo Blu-Sens- Regal Barça 11/10/09  12:15

      martes, 4 de agosto de 2009

      listas...

      Aínda nin comezou Agosto, e o outro día comentaba cunha amiga o feito da desesperanza que cundía no meu espíritu cando tentaba pensar en grandes películas dos últimos anos (digo o de Agosto por esa enfermiza tendencia que teño a convertir todo nunha futura lista do mellor do ano).

      Lembro que lle dicía que había pouca xente pola que se podía apostar sobre seguro no cinema actual, xa ata Medem (nos ponemos de pie) tiña un borrón no historial. Os únicos nos que tiña fe cega, os únicos aos que iría a ver sen ler tan sequera un adianto, ver un trailer, así, sen máis, sería a Pixar. Non erran. 
      "Up" é unha nova mostra do mellor cine que probablemente se pode ver en grandes salas na actualidade. 

      Outra foto para un album cheo de caras fotoxénicas, sen un pestañeo, sen un miserable gran de pus, nin tan sequera un defecto da lente. Máis aló dun par de detalles difícilmente críbles científicamente falando, e dunha banda sonora claramente plaxiada (quen sabe se voluntariamente) das composicións de Alberto Iglesias para Lucía y el Sexo, Up é outra insignia na solapa dos de Disney (si, os mesmos), aínda impoluta. Non vos direi máis, só que tedes que vela, porque dende xa, figura entre as dúas favoritas dos últimos tempos.

      E é que de non ver ningún resplandor no horizonte, durante estes días apareceron dous de vez.


       A "Déjame entrar" hai meses que lle tiña gañas, pero o peculiar do seu contido (unha de vampiros) facía case imposible que puidese vela. Aproveitei unha sesta de Paula para quitarme a espiña. Conmovedora, sorprendente, tenra, crúa. Todo á vez. Tanto, que me custa lembrar algo que estea á súa altura nos últimos anos (seguramente si, pero un comeza a perder substancia gris).
      Será que temos que comezar a crernos que estes suecos saben montar máis cousas ademáis de grupos de rock.
      Escribiría máis sobre ela, sobre as dúbidas que me xurden sobre as lendas dos vampiros, e sobre se se respectan na peli, pero o crítico de cine é Pedro, e case dá vergoña que poida ler un amago de crítica sobre isto.

      Pois ala, a facer traballar á mula.

      lunes, 27 de julio de 2009

      I´m too old for this... things


      Teño uns amigos que se cabrean continuamente comigo polo meu exasperante costume de dicir o vello que son para facer segundo que cousas, ou para que comecen a gustarme segundo que outras.
      Entre esas cousas que comezo a deixar de lado, probablemente de xeito definitivo, quen sabe, son tódalas aficións que tiña antes. Quero dicir, máis aló de tomarme unha birra cos amigos, escoitar música e coñecer novos grupos.
      No meu caso, tiven infinidade de vocacións aprendidas. Digo aprendidas porque non foron innatas. A innata é a que me levou a estar onde estou, ou cando menos a máis antiga. Polo camiño quedou o balonmán, co que soñei que xogaría na Asobal (co único mérito no curriculum de ser moito máis alto que os demáis rapaces da miña idade). Pasaba ata catro horas diarias no Pabillón, primeiro como adestradora daquelas rapazas que (nalgún caso) casaron hai anos, e logo cultivándome como xogador, cando os demáis tíos medraran o mesmo ca min, o que me levara a ser o augador do equipo.
      Estivo a miña época de escritor (co único mérito no curriculum de gañar un par de premios no Instituto, contra rivais de inconmensurable prosa), aínda que esa non durou demasiado. Cando me din conta de que non se deixa levar un pola inspiración, senón que escribe oito horas ao día, como os demáis traballadores, dinme conta de que non funcionaba así... bueno, que declarasen deserto un segundo premio no Instituto aquel ano en que non gañara tamén influíu, quizáis.
      Estivo a miña época de activista político (co único mérito de figurar nunhas listas municipais, case máis por falta de voluntarios que por outra cousa, e de ser o xefe das xuventudes nacionalistas en Ogrobe, un vasto grupo de non menos de seis persoas), pero durante este día da Patria dinme conta de que non me apetecía ir á manifestación, de que o Estado español opresor, sinxelamente nos ten menos en conta que a outra xente máis lista e que aporta máis votos (o peor é que creo que iso doe aínda máis). Do estado da lingua e da linguaxe en Galicia falarei outro día...
      Estivo a miña época de actor (co único mérito de... de que?), e esta, amigos, si me fixo dubidar. Achegouse ás cotas da vocación sanitaria. Fixo prantexarme mesmo emigrar na búsqueda do show-bussiness na capital, sabedor de que o teatro universitario enchía o espírito pero non os petos, e que dalgo ten que vivir un cando a fame apreta, e nese intre as ilusións esvaécense sen pechar a porta.
      Pode que estea vello para todas aquelas merdas, ou pode que sexa demasiado mozo para a meirande parte delas. Ou se cadra demasiado inconformista. Recapitulemos: un rapaz de seis anos decide un día que quere ser médico. Vintedous anos despois, logo de penurias que non ven ao caso explicar, consígueo... por que coño será tan dificil limitarse a conformarte co que tes, e non aspirar a telo todo?

      viernes, 24 de julio de 2009

      a soidade do corredor de fondo


      Non quero enganarvos, esta páxina nace en certo modo impulsada por unha especie de obriga, a que esixen os impresentables que agachan a cabeza baixo o chan, aproveitando o anonimato de internet, o que fixo que non poida opinar nalgún blog no que quero facelo.

      O nome da páxina é unha homenaxe a esas cousas que van gardando pó nunha esquina da casa, sen que case ninguén repare nelas, pero que ti mantés na substancia gris, aí, ben dentro, coa ilusión de que algún dia teñan a repercusión que merecen, aínda que só che  importe a tí.

      Nin prometo que esta páxina será actualizada habitualmente, nin sei se poderei facelo, ata entón... benvidos

      Xa estou aquíííííí.....