2.- Porque grabaron o que pode ser, posiblemente, o mellor disco debut do pop nacional dende os 60.
3.- Porque conseguiron que se falase moito deles, a miúdo mal, e fixeron que ata as persoas que non ían máis aló das radiofórmulas gastasen charlas verpertinas en defender que eran intragables e a J non se lle entendía. Xa sabedes, iso de que falen de tí, aínda que sexa mal.
4.- Porque a J enténdeselle difícilmente, pero aproveitouno para convertilo nunha marca distintiva, o concepto da voz como instrumento, e, de paso, preocupouse de aprender a cantar. Agora faino realmente ben.
5.- Porque busques onde busques difícilmente atoparás un mellor batería que Eric Jiménez.
6.- Porque grabaron Una semana en el motor de un autobús. O mellor disco da historia do pop español. (Efectivamente, mellor disco debut + mellor disco da historia do pop español = ....)
7.- Porque cando agotaron un filón, fixéronnos crer que se ían pasar ao flamenco porque se aburriron do pop, e o que en realidade acabaron facendo foi reinventarse. Fan o de sempre pero distinto, e rexurdiron dunhas ameazantes cinzas. ¿Cantos o fan?.
8.- Porque son capaces de dar o mellor concerto que viches nunca, e dous meses despois facerte pensar que están perdidos para a causa, que o concerto de hoxe é a súa morte definitiva... ata que no seguinte pensas que é o mellor concerto que lles viches nunca.
9.- Porque un ponse a pensar se dos que veñen detrás alguén poderá coller o seu relevo, pero en realidade do que te das conta é de que ninguén poderán significar xa nunca o que eles significaron.
10.- Porque nos segundos previos a que salten a un escenario acelérache o pulso, sintes certa opresión no peito, cústache algo máis respirar.
10 (bis).- Porque dende semanas antes de que saquen un novo disco non paras de falar se conseguirán manter o listón, ou de se a cagarán para sempre.
10 (bis, bis).- Porque últimamente volves a pensar que o listón o porán onde lles dea a gana.
10 (bis, bis, bis).- Porque nun ano onde en Galicia tocarán Muse, Arcade Fire, Jonsi, Patti Smith, Ben Harper, Dominique A, Interpol, e os que veñan a maiores... posiblemente eles xa deron o que será o concerto do ano.
Gustaríame puntualizar os puntos 8 e 9.
ResponderEliminarCon tódolos meus respetos: dubido moito (co que coñezo do teu historial) que o mellor concerto ó que asistiras fora un dos Planetas. Entendo o factor sentimental, xeracional e tal, pero sigue sendo curioso que defendas con tanta vehemencia o seu concerto, cando, por exemplo, a TPOBPAH, lle pós un 5 empezando con "sonido digno de estar tocando nunha tarteira". Explícame o que se escoitou en Riazor ata 'Corrientes circulares'. Empezaron soando francamente mal, acoplados e inconexos. Logo, pouco a pouco foron pulindo eso e deron un gran concerto. (Para min, un 8. E creo que o do FdN foi mellor incluso).
9. Por un lado, será difícil que ningún grupo alcance as cotas artísticas dos discos que ti destacas, pero, polo outro, os tempos cambiaron, e a calquera novidade se le pasa polo filtro do hype, e logo os dos "sempre difíciles" segundos e terceiros discos, e si teñene éxitos son uns vendidos... e bla,bla,bla...tendo en conta que agora saen á superficie 100 veces máis grupos que nos 90 e non hai forma de topar un referente indiscutible. ¿Qué nos quedou en España nos 00s para a posteridade? Pouco, ou nada. Nacho Vegas, Sr. Chinarro, Delorean e o resto, sería dubidoso... ¿TAB? ¿Lori Meyers?
Pois eso, que esto daríache para empezar un bucle... jeje
E agradecemos que recuperes tamén este sitio. ;)
a ver, o sonido foi bastante malo durante os primeiros 20 minutos. A (gran) diferencia con Pains... é que eles tocaban nun espazo aberto con rachas terribles de vento, que se leva boa parte do son. Efectivamente, o mellor concerto no que estiven non foi Los Planetas, aínda que de longo é o mellor directo dos grupos nacionais que vin.
ResponderEliminarPodemos valorar os novos tempos da música, pero nos '00 viron a luz tremendos grupos a nivel internacional (Strokes, Arcade Fire...) e a nivel nacional pouquiño quedará para a historia. Vegas, Delorean, como dis, pero moi lonxe do que eles conseguiron. Insisto, ninguén poderá ser como eles foron, básicamente, porque xa non terán esa oportunidade, eles xa están aproveitando o camiño que Los Planetas labraron... por certo, que tamén se enfrontaron a segundos e terceiros discos (concretamente o seu terceiro disco se chama Una Semana En El Motor De Un Autobús)
O mellor grupo nacional da historia de largo.
ResponderEliminarNon haberá máis coma eles igual q Jordan só haberá un, pode q dentro de 15 anos saia outro moi bó grupo q marque á sua xeración, pero será diferente.
Perdinme o concerto de lacoru por culpa do pe, pero dos 11 concertos q vin dos planetas teño q recoñecer q a inmensa maioría foron sinxelamente brutais. Dos grupos q vin en directo(e xa van uns cantos) me quedo con catro: Planetas, Muse, Radiohead e Placebo. Non nesa orde, pero por unha conxención de son, actitude(q tanto vos gusta), medios, conexión sentimental... están a un nivel moi por encima do resto.