Ay (suspiro) meus benqueridos amiguiños, chega o Nadal, esas datas que consiguen sacar o peor de min. Que fan que vaiamos de cola do súper, a cola do Corte Inglés, a atascos nas rúas, a choques con outros peóns, a quedarse sen saldo na tarxeta de crédito, a preguntarnos por qué coño somos tan estúpidos e non agardamos uns días para as rebaixas (isto en caso de que xa saibamos que os Reis non existen, porque non existen, síntoo).
Pero algo bo tiña que haber nestas datas. E como sabedes que para min facer listas é como para Manu felar a toda a plantilla de traballadores da Marvel, aló imos
10 mellores pelis do ano:
10.- Vals con Bashir, de Ari Folman
9.- Buscando a Eric, de Ken Loach
8.- Slumdog Millionaire, de Danny Boyle
7.- El Profeta, de Jacques Audiard
6.- Celda 211, de Daniel Monzón
5.- Entre les murs, de Laurent Cantet
4.- El secreto de sus ojos, de Juan José Campanella
... e non penso seguir ata que Pedro me insulte por incluír a Slumdog...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
jajajaja
ResponderEliminarO da censura de Pedro resulta escandalizadora.
Estou facendo reconto do correo interno, e certa peli pola que che pode insultar sairá entre as 10 primeiras seguro, e non sei si incluso entre as 5 máis votadas...
Apunto "La Clase" e "el secreto de tus ojos", na que, ó parecer, Ricardo Darín fai un papelón, ¿non?
Darín está moi ben na peli, e iso que non foi nunca un tío ao que lle gardase especial aprecio. Gústanme moitas das películas que interpreta, pero nunca o tiven por un tío "Top".
ResponderEliminarÚltimamente, estame facendo recapacitar...
"Slumdog Millionaire": babosa, trampulleira, intragable, longa, mal construída, digna herdeira de basuras como "La vida es bella" que de cando en vez compran os ianquis para se sentiren máis cosmopolitas... ¿Sigo?
ResponderEliminarSi, sigo para dicir que "Vals con Bashir" debería ir máis arriba e que non debería valer incluír pelis non estreadas oficialmente (un, que é un romántico).
Si, era eu.
ResponderEliminarjajajaja, si, como crítica non está mal, moi currada, moi estructurada. Sírveme.
ResponderEliminarVals con Bashir, recoñecéndolle todo o mérito e a orixinalidade, por momentos me pareceu alto lenta, aínda que só polo final merece estar en calqueira lista, que é brillante.
Sobre o das pelis non estreadas oficialmente, un, que ten a sorte de vivir nunha grande urbe e ir a Festivais de cine que che permiten facer esas cousas... non sei se El profeta (única da lista non estreada en España) se estreou fóra, en Francia, por exemplo. O que sí sei é que me pareceu unha boa peli, e que escrupulosamente falando, se non a meto aquí, non se debería meter tampouco nun hipotético "O mellor de 2010", pq a peli, mírelo por onde o mires, é deste ano