viernes, 29 de enero de 2010

50 MELLORES DISCOS INTERNACIONAIS DA DÉCADA

Por fin, deixo de brasearvos coas listas, prometo que esta é a derradeira. Logo falaremos doutras cousas...

50.- CocoRosie.- La maison de Mon Reve

49.- Patrick Wolf.- Lycantrophy

48.- Tindersticks.- The hangry saw

47.- Spinto Band.- Nice and nicely done

46.- Peter Bjorn and John.- Writer's block

45.- Teitur.- Stay under the stars

44.- Bat For Lashes.- Fur and gold

43.- The Organ.- Grab that gun

42.- Avocadoclub.- Everybody's wrong

41.- The Decemberists.- The crane wife
40.- Godspeed You! Black Emperor.- Lift your skinny fists like antennas to heaven

39.- Elefant.- Sunlight makes me paranoid

38.- Kaiser Chiefs.- Employment

37.- Piano Magic.- The troubled sleep of piano magic

36.- Sufjan Stevens.- Come on feel the Illinoise

35.- Camera Obscura.- Let's get out of this country

34.- I'm From Barcelona.- We're from Barcelona

33.- Spiritualized.- Songs in A&E

32.- The National.- Boxer

31.- Blonde Redhead.- 23
30.- Explosions In The Sky.- Those who tell the truth shall die, those who tell the truth shall 
live forever

29.- Rufus Wainright.- Want two

28.- Death Cab For Cutie.- Transatlanticism

27.- Grizzly Bear.- Veckatimest

26.- Portishead.- Third

25.- Wilco.- Yankee Foxtrot Hotel

24.- Grandaddy.- The Software slump

23.- Yo La Tengo.- And then nothing turned itself inside out

22.- dEUS.- Pocket revolution

21.- Mogwai.- Rock action
20.- Richard Hawley.- Coles corner

19.- Editors.- An end has a start

18.- Lali Puna.- Faking the books

17.- Stars.- Set yourself on fire

16.- Damien Rice.- 0

15.- Veils.- The runaway found

14.- Antony and the Johnsons.- I'm a bird now

13.- The Postal Service.- Give up

12.- Björk.- Vespertine

11.- The Strokes.- Is this it?
10.- Yann Tiersen.- L'absente

9.- Dominique A.- Auguri

8.- Snow Patrol.- Final straw

7.- Mojave 3.- Spoon and rafter

6.- Nick Cave and the Bad Seeds.- No more shall we part

5.- PJ Harvey.- Stories from the city, stories from the sea

4.- Low.- The great destroyer

3.- Radiohead.- Kid A

2.- Sigur Ròs.- Agaestis birjun
1.- Arcade Fire.- Funeral

domingo, 24 de enero de 2010

MELLORES DISCOS NACIONAIS DA DÉCADA (del 40 al 1)



40.- Mate.- Sol de medianoche

39.- Niños Mutantes.- Todo es el momento

38.- 6 P.M.- Far from perfect

37.- Second.- Invisible

36.- Cuchillo.- Cuchillo

35.- La Habitación Roja.- Nuevos tiempos

34.- PAL.- Factores que afectan al equilibrio

33.- Emak Bakia.- Frecuencias de un rojo devastador

32.- 12twelve.- Speritismo

31.- Cooper.- Retrovisor

30.- McNamara.- Rock Station

29.-. Mur-mur.- Seasize

28.- Deneuve.- El adiós salvaje

27.- Apeiron.- Todo sigue intacto

26.- Christina Rosenvinge.- Continental 62

25.-  Lou Anne.- Days were holes

24.- Delorean.- Silhouettes

23.- Niño y Pistola.- Como un maldito guisante

22.- Sr. Chinarro.- El fuego amigo

21.- Triángulo de Amor Bizarro.- Triángulo de Amor Bizarro

20.- Russian Red.- I love your glasses

19.- El hijo.- Las otras vidas

18.- Skimo.- Un año de libros viejos y los restos de un incendio

17.- Polar.- A letter from the stars

16.- Antònia Font.- Alegría!

15.- Najwa Nimri.- Mayday

14.- Mercromina.- Bingo

13.- Tachenko.- Las jugadas imposibles

12.- Migala.- Restos de un incendio

11.- El Columpio Asesino.- La Gallina

10.- Manta Ray.- Esperanza

9.- Dorian.- 10.000 Metrópolis

8.- Chucho.- Diarios de petróleo

7.- Manos de Topo.- Ortopedias bonitas

6.- Nadadora.- Hablaremos del miedo

5.- Lori Meyers.- Hostal Pimodán

4.- Lucas 15.- Lucasd 15

3.- El Niño Gusano.- Fantástico entre los pinos

2.- Los Planetas.- La leyenda del espacio

1.- Nacho Vegas.- Desaparezca aquí.


martes, 19 de enero de 2010

20 MELLORES PELÍCULAS INTERNACIONAIS DA DÉCADA



Para puristas, aclarar que me consta que varias películas son coproduccións de innumerables países, pero poño os que creo que son evidentes:

20.- 4 meses, 3 semanas, 2 días, de Cristian Mungiu (Rumanía, 2007)

19.- La vida de los otros, de Florian Henckel von Donnersmark (Alemaña, 2006)

18.- El pianista, de Roman Polanski (Francia, Alemaña, 2002)

17.- Memento, de Christopher Nolan (EEUU, 2000)

16.- Paradise now, de Hany Abu-Assad (Palestina, 2005)

15.- Good bye Lenin, de Wolfgang Becker (Alemaña, 2003)

14.- Requiem por un sueño, de Darren Aronofsky (EEUU, 2000)

13.- Monstruos S.A., de Peter Docter (EEUU, 2001)

12.- La Clase, de Laurent Cantet (Francia, 2008)

11.- El hijo de la novia, de Juan José Campanella (Argentina, 2001)

10.- Amores perros, de Alejandro Gómez Iñárritu (México, 2000)

9.- Déjame entrar, de Tomas Alfredson (Suecia, 2008)

8.- Juno, de Jason Reitman (EEUU, 2007)

7.- Dogville, de Lars Von Trier (Dinamarca, 2003)

6.- Pequeña Miss Sunshine, de Jonathan Dayton e Valerie Faris (EEUU, 2006)

5.- Olvídate de mí, de Michel Gondry (EEUU, 2004)

4.- Up, de Peter Docter e Bob Peterson (EEUU, 2009)

3.- La Cinta Blanca, de Michael Haneke (Alemaña, 2009)

2.- Las tortugas también vuelan, de Bahman Ghobadi (Irán, 2004)

1.- Bailar en la oscuridad, de Lars Von Trier (Dinamarca, 2000)  


viernes, 15 de enero de 2010

10 MELLORES PELÍCULAS ESPAÑOLAS DA DÉCADA

Non, non vai con guasa, e non está adicada especialmente ao noso benquerido Poliptoton, firme defensor e apaixonado seguidor do cine español. Eu son dos que defende que aquí tamén se fan boas películas, aínda que cando a Ministra de Cultura dun país provén do cine, e de escribir barbaridades como "Mentiras y gordas", a un éntranlle gañas de dicir que que o defenda tu puta madre, que a min non me deixas motivos...

10.- Hable con ella, de Pedro Almodóvar.- Sei que o feito de pór nesta lista a unha película protagonizada por Rosario Flores é motivo máis que suficiente para deixar de ler, e facer mellor outra cousa. Pero oe, que tamén sae Leonor... aínda que apenas fale, pero é que esta rapaza non o precisa.



9.- Los otros, de Alejandro Amenábar.- Pois ala, xa está, dúas primeiras pelis, e xa caíron A&A (que, ademáis, repetirán). Igual digo algo que a alguén lle soa a barbaridade, pero é que creo que é mellor peli que El sexto sentido, por moito que se lle criticara pola semellanza... ola? hai alguén aí?

8.- Celda 211, de Daniel Monzón.- Está fresquiña na mente, e foi ovacionada por crítica e público (sí, por público, que tamén ve cine español se se fai de xeito atractivo). Ademáis, parece que por unha vez, a Academia non castigará a unha película que triunfou en taquilla, y que se lo va a llevar calentito... o de Tosar é o Goya máis cantado dende o de Bardem tetrapléxico.



7.- Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa.- Son consciente do fans que son os catro seguidores deste blog do cine social. Pois non podía faltar o Ken Loach patrio. O certo é que creo que Fernando León (e sobre todo o maxistral reparto masculino) fan desta película unha auténtica delicia. E ademáis, é medio galega (igual que o caso anterior)


6.- Camino, de Javier Fesser.- Poucos agardabamos algo así dun tipo que, aínda que amosase en moitísimas ocasións o seu talento, tiña como traballos máis significativos Mortadelo y Filemón, ou El milagro de P. Tinto (por fenomenal que esta última sexa). E o mellor é que Camino segue levando a súa maxia, o seu torrente de imaxinación.

5.- La Soledad, de Jaime Rosales.- Se antes falaba da sempre tensa relación entre crítica e público, e do premiadísimas que son películas que ninguén coñece nin foi ver ao cine, poucos exemplos me dan máis a razón que este experimento visual de Jaime Rosales, sempre arriscando. Destas pelis que non te atreves a recomendarlle a ninguén, cun ritmo lento, con silencios enormes... pero que a este humilde servidor o deixou encantado.


4.- Lucía y el sexo, de Julio Medem.- Es imposible entender el cine español de los últimos quince años sin el vasco, que se ha convertido con creces en su mejor exponente. Su fallido último intento no merma la admiración que muchos le profesamos, ese siempre mágico tempo en sus películas, esa forma de hacernos ver las cosas, sus colores, su universo. Y esa gran afición a tener a Najwa como su musa, un tipo sabio.

3.- Mar adentro, de Alejandro Amenábar.- Outra película con raíces galegas, mesmo rodada por momentos en galego, por momentos en catalán, por momentos en español. Excesiva por momentos, máxica e impactante por outros. Soubo facer fronte ao gran lastre de contar con Tamar no seu reparto, que conseguiu que ata Belén Rueda semellase unha actriz brillante.


2.- En Construcción, de José Luis Guerín.- Dicirlle a alguén que un documental ficcionado que coquetea coas tres horas e conta sinxelamente a vida dun barrio en Barcelona, das historias dos seus veciños, das conversas entre os albanís, das preocupacións de dous ocupas... che pareceu unha obra mestra é o primeiro paso para que tenten ingresarte nun psiquiátrico (por cousas máis tontas ingresa algunha xente), pero o certo é que sí, que En construcción, sendo todo o que é, é unha preciosidade.




1.- Mi vida sin mí, de Isabel Coixet.- A Coixet, como personaxe, moitos non podemos evitar terlle certa tirria. É superior a min. Non soporto a súa pinta de xenio tolo, de vender unha imaxe caótica para facer crer que así tes un talento superior. Non vale. Pero o certo é que case todo o que fai en cine, consigue conquistarme, e lévame a un estado de malestar interior, por desexar que a súa nova peli sexa unha merda, e logo se convirta nunha nova obra de poesía. Quizáis aquí, co enorme descubremento para o gran público de Sarah Polley, Coixet acade o seu punto álxido.





jueves, 14 de enero de 2010

Mellores discos do 2009 de alí.


20.- M. Ward.- Hold Time




5.- Dominique A.- La Musique.- Un clasicazo que asina o seu mellor disco dende o mítico "Auguri". En dous días vereino por terceira vez. A primeira nin sabía que era el, e deixoume abraiado. Daquelo hai xa case sete anos, se cadra, ata tiña pelo daquela.

4.- We Were Promised Jetpacks.- These four walls.- Pois sen dúbida, a maior sorpresa do ano. Discazo inmenso, ecléctico. Un debut case perfecto, que non contou co beneplácito dos medios, que confirman que aquí o que se precisan son hypes, e xa está. Temazo tras temazo.

3.- Jarvis Cocker.- Further Complications.- Un grande do Pop coqueteando con blues, co swing, co rock máis orgánico, e facéndoo como ninguén. Como dixen en Reysombra, semella que Barry White se reencarnou no ex de Pulp...

2.- PJ Harvey & John Parish.- A woman a man walked by.- Quizáis sexa un disco máis de grandes cancións, que un gran disco en sí. Quizáis é que, como di Pedro, o meu profundo amor por Polly Jean cega o meu criterio e vexo un gran traballo nalgo que non vai máis aló do aprobado. De todos xeitos, se isto, e isto, non son criterio suficiente para estar aquí, pues chico, yo de esto debe ser que ya no te sé nada...

1.- Grizzly Bear.- Veckatimest.- Quedareime só reivindicando a grandeza deste disco... dáme igual, completamente igual. O máis semellante aos Beach Boys que se deu nunca. Cascadas de coros sen comparación na actualidade, e obras mestras como Two weeks. Do mellorciño en moito tempo.



martes, 12 de enero de 2010

Mellores discos do 2009 de aquí.

Pois iso, aínda que quizáis algo tarde, por estes lares non queremos faltar á cita anual co mellor de aquí e de alí (como diría o gran Julio Ruiz). Non foi un gran ano no musical en España, non nos enganemos, pero sempre hai cousas dignas de salientar. Este ano cólanse tres EP's, que creo sinceramente que son moi bos (aclároo porque haberá quen crea que meto tres ep's porque non hai suficientes lp's de calidade, e tampouco é iso).

10.- Lagartija Nick.- Larga Duración

9.- 6 P.M..- Tape worms ep

8.- Alondra Bentley.- Ashfield avenue

7.- Joan Miquel Oliver.- Bombons mallorquins

6.- PAL.- Error de fábrica

5.- Klaus and Kinsky.- Por qué no me das tu dinero? ep .-  Estiveron moi afortunados co seu debut, o ano pasado, con temazos como Teléfono de la esperanza (non atopei video en youtube), ou Nunca estás a la altura

4.- La Bien Querida.- Romancero.- Foi o seu ano, está claro. Padriños sobráronlle. Que J e Chinarro te promociones, é mellor que ser o amigo fiel de Corleone... pero calidade a esta rapaza non lle falta.

3.- Elle Belga.- 1971.- Debut de Josele, ex de Manta Ray, a medio camiño entre o feito anteriormente e a evolución que marcou o tamén ex Nacho Vegas
Destaca seguramente e a espida Todas las cosas, onde Fany Álvarez ten un papel estelar, nesa segunda liña. Unha delicia, un descubremento, unha oda á voz como intrumento.

2.- Delorean.- Ayrton Senna ep.- Dende logo, xa non son unha sorpresa, pero quizáis nunca estiveron tan sobresalientes, aínda que se trate dun media duración. Deli é un hitazo, deses que engancha xa sen preparación previa, sen que poidas deixar de bailar sentado no sofá

1.- Manos de Topo.- El primero era mejor.- Só por ese título, tan sincero como orixinal, tan divertido como representativo, merecían un posto nesta lista. Logo resulta que volven facer cancións enormes, sintonías preciosas, e aguantan o tirón dun debut tan terriblemente persoal, deses que case non deixa espazo para un segundo traballo. Os seus vídeos seguen sendo obras de arte, semella difícil imaxinar a ninguén que manteña un nivel tan alto por estes lares nese senso (que para iso se coñeceron mentres estudaban/estudan cine). É certo que pode ser un escalón inferior a Ortopedias bonitas, pero coño, Neon Bible non é Funeral, e non por iso Arcade Fire deixan de ser unhas bestias pardas.