lunes, 27 de julio de 2009

I´m too old for this... things


Teño uns amigos que se cabrean continuamente comigo polo meu exasperante costume de dicir o vello que son para facer segundo que cousas, ou para que comecen a gustarme segundo que outras.
Entre esas cousas que comezo a deixar de lado, probablemente de xeito definitivo, quen sabe, son tódalas aficións que tiña antes. Quero dicir, máis aló de tomarme unha birra cos amigos, escoitar música e coñecer novos grupos.
No meu caso, tiven infinidade de vocacións aprendidas. Digo aprendidas porque non foron innatas. A innata é a que me levou a estar onde estou, ou cando menos a máis antiga. Polo camiño quedou o balonmán, co que soñei que xogaría na Asobal (co único mérito no curriculum de ser moito máis alto que os demáis rapaces da miña idade). Pasaba ata catro horas diarias no Pabillón, primeiro como adestradora daquelas rapazas que (nalgún caso) casaron hai anos, e logo cultivándome como xogador, cando os demáis tíos medraran o mesmo ca min, o que me levara a ser o augador do equipo.
Estivo a miña época de escritor (co único mérito no curriculum de gañar un par de premios no Instituto, contra rivais de inconmensurable prosa), aínda que esa non durou demasiado. Cando me din conta de que non se deixa levar un pola inspiración, senón que escribe oito horas ao día, como os demáis traballadores, dinme conta de que non funcionaba así... bueno, que declarasen deserto un segundo premio no Instituto aquel ano en que non gañara tamén influíu, quizáis.
Estivo a miña época de activista político (co único mérito de figurar nunhas listas municipais, case máis por falta de voluntarios que por outra cousa, e de ser o xefe das xuventudes nacionalistas en Ogrobe, un vasto grupo de non menos de seis persoas), pero durante este día da Patria dinme conta de que non me apetecía ir á manifestación, de que o Estado español opresor, sinxelamente nos ten menos en conta que a outra xente máis lista e que aporta máis votos (o peor é que creo que iso doe aínda máis). Do estado da lingua e da linguaxe en Galicia falarei outro día...
Estivo a miña época de actor (co único mérito de... de que?), e esta, amigos, si me fixo dubidar. Achegouse ás cotas da vocación sanitaria. Fixo prantexarme mesmo emigrar na búsqueda do show-bussiness na capital, sabedor de que o teatro universitario enchía o espírito pero non os petos, e que dalgo ten que vivir un cando a fame apreta, e nese intre as ilusións esvaécense sen pechar a porta.
Pode que estea vello para todas aquelas merdas, ou pode que sexa demasiado mozo para a meirande parte delas. Ou se cadra demasiado inconformista. Recapitulemos: un rapaz de seis anos decide un día que quere ser médico. Vintedous anos despois, logo de penurias que non ven ao caso explicar, consígueo... por que coño será tan dificil limitarse a conformarte co que tes, e non aspirar a telo todo?

4 comentarios:

  1. É a crise dos trinta meu, e ti e máis eu imos hacia ela a pasos acelerados.

    Outros como Pedro xa son Fernán Gomez da vida...

    ResponderEliminar
  2. Tes unha raqueta de padel, como Ásnar, pouco a pouco voute levando a donde queria.... jejejeje

    ResponderEliminar
  3. Mellor que sea difícil conformarse, meu, moito mellor.

    ResponderEliminar
  4. o de actor tivo un momento álxido como profesor de Anatomía, que lle amargou o día a algúns dos meus compañeiros...(novatada na miña clase).
    E no de actor tamén incluimos a túa aparición en TV? gheghe...
    unha aperta, Chou!

    ResponderEliminar