Non quero enganarvos, esta páxina nace en certo modo impulsada por unha especie de obriga, a que esixen os impresentables que agachan a cabeza baixo o chan, aproveitando o anonimato de internet, o que fixo que non poida opinar nalgún blog no que quero facelo.
O nome da páxina é unha homenaxe a esas cousas que van gardando pó nunha esquina da casa, sen que case ninguén repare nelas, pero que ti mantés na substancia gris, aí, ben dentro, coa ilusión de que algún dia teñan a repercusión que merecen, aínda que só che importe a tí.
Nin prometo que esta páxina será actualizada habitualmente, nin sei se poderei facelo, ata entón... benvidos
benvido, e moitas gracias por tela deferencia de crear un blog pra comentar no meu(imaxino q entre outros).
ResponderEliminarEn canto ó título, unha das tres mellores cancións de nadadora e moitos recordos dunha época mítica...
Unha aperta!!!
e pq non aparezo en seguidores?...
ResponderEliminar