martes, 4 de agosto de 2009

listas...

Aínda nin comezou Agosto, e o outro día comentaba cunha amiga o feito da desesperanza que cundía no meu espíritu cando tentaba pensar en grandes películas dos últimos anos (digo o de Agosto por esa enfermiza tendencia que teño a convertir todo nunha futura lista do mellor do ano).

Lembro que lle dicía que había pouca xente pola que se podía apostar sobre seguro no cinema actual, xa ata Medem (nos ponemos de pie) tiña un borrón no historial. Os únicos nos que tiña fe cega, os únicos aos que iría a ver sen ler tan sequera un adianto, ver un trailer, así, sen máis, sería a Pixar. Non erran. 
"Up" é unha nova mostra do mellor cine que probablemente se pode ver en grandes salas na actualidade. 

Outra foto para un album cheo de caras fotoxénicas, sen un pestañeo, sen un miserable gran de pus, nin tan sequera un defecto da lente. Máis aló dun par de detalles difícilmente críbles científicamente falando, e dunha banda sonora claramente plaxiada (quen sabe se voluntariamente) das composicións de Alberto Iglesias para Lucía y el Sexo, Up é outra insignia na solapa dos de Disney (si, os mesmos), aínda impoluta. Non vos direi máis, só que tedes que vela, porque dende xa, figura entre as dúas favoritas dos últimos tempos.

E é que de non ver ningún resplandor no horizonte, durante estes días apareceron dous de vez.


 A "Déjame entrar" hai meses que lle tiña gañas, pero o peculiar do seu contido (unha de vampiros) facía case imposible que puidese vela. Aproveitei unha sesta de Paula para quitarme a espiña. Conmovedora, sorprendente, tenra, crúa. Todo á vez. Tanto, que me custa lembrar algo que estea á súa altura nos últimos anos (seguramente si, pero un comeza a perder substancia gris).
Será que temos que comezar a crernos que estes suecos saben montar máis cousas ademáis de grupos de rock.
Escribiría máis sobre ela, sobre as dúbidas que me xurden sobre as lendas dos vampiros, e sobre se se respectan na peli, pero o crítico de cine é Pedro, e case dá vergoña que poida ler un amago de crítica sobre isto.

Pois ala, a facer traballar á mula.

3 comentarios:

  1. Coincido no de Pixar, e no de que non haxa ningún referente claro sobre o que apostar. Medem fallou, e penso que a nova de Tarantino tampouco vai estar á altura, 'Ágora' de Amenábar seica é aburrida...
    A 'Déjame entrar' tíñalle gañas, e creo que eres a 3ª persoa que ma recomenda, así que debe ter algo interesante, a ver si a vemos logo.
    Saudos!

    ResponderEliminar
  2. Home, no das pelis dos últimos anos non estou de acordo. Obras mestras só saen unhas poucas cada ano, pero iso agora e en 1953. Se me poño a pensar... "Promesas del este", "Million Dollar Baby", "American Beauty", "Entre les murs", "Lost in Translation", "Infiltrados", "Vals con Bashir", "Eternal Sunshine of the Spotless Mind", "El viaje de Chihiro"... Etcétera, etcétera. E si, deste ano seguro que quedarán "Up" e "Déjame entrar".

    P.D.: A min agora dame igual que Fraga morra ou non. Tiña que ter morto no poder, daquela si que habería xente na Praza de América e cousas así...

    ResponderEliminar
  3. Teño pendiente ir ó cine a ver Up y un dvd grabado con Dejame entrar... Así que non podo decir nada...

    ResponderEliminar