sábado, 12 de septiembre de 2009

Que vén o lobo...

Moitos me preguntan canto hai de certo no alarmismo polo da Gripe A... para min, é tremendamente alarmante, xa que hai uns cantos días que se rumorea que esta muller



(deixareivos uns segundos para que vos repoñades do susto....)......, ......., ......, ameaza con deixarnos sen vacacións ante unha posible saturación dos servizos médicos a partir do mes que vén.

O certo é que, por chorrada que sexa a enfermidade (que o é, cando menos de momento), ter, ténnos acojonados. Somos conscientes de que calquera persoa con síntomas gripais se achegará a Urxencias, como xa está a pasar, por medo ao que poida ocorrer o seu futuro vital. Non se está traballando de xeito serio na creación dun filtro en centros de saúde, e somo nós os que temos de dar a cara, e quedar como bordes intolerantes cando lles dicimos aos doentes aquelo de "isto non é unha urxencia, para isto hai que ir ao Médico de Cabeceira...". Imaxino que non é suficiente coa continua ameaza de "como á miña avoa lle pase algo na casa, vaste acordar de min", ou con algunha agresión que outra, vamos, o pan de cada día.

O virus non mutou aínda, é probable que o faga, e entón non se sabe moi ben o que pasará (o máis probable é que siga sen ser especialmente letal). Pero como isto chegou en verán, fóra do curso político e de novas sen sentido (o paraíso para informativos como os de Telecinco ou LaSexta, vamos) os minutos de televisión que aportou son impagables. Se a iso lle unes o pouco interese de empresas farmacéuticas en que a bola de neve non medre, xa está todo listo para unha alarma mundial.

Se as estimacións son certas, pasarán (ou pasaremos, probablemente) a gripe A arredor de 400.000 galegos, e preto de 6.000.000 de españois. Unha burrada, vamos. Se o nivel de mortandade se mantén (de momento 25 mortos por 80.000 afectados) falecerán arredor de 2000 persoas, traducido, unha décima parte -nin sequera- das que morren anualmente pola gripe "vulgar".

Así que salvo que teñades unha enfermidade pulmonar, sexades diabéticos, ou usedes a talla XXXL, por favor, paracetamol, moito líquido, e a pasala na casa...

2 comentarios:

  1. Propoño dende xa converter este blog nun consultorio médico onde deixar as nosas preocupacións (inventadas ou non, iso da o mesmo). Para a próxima semana eu suxiro o tema "Pedos vaxinais: ¿divertimento ou ameaza sanitaria?".

    PD: ¿De verdade morren 20.000 tíos cada ano de gripe "normal"?

    ResponderEliminar
  2. Para que vexas que na Sexta hai de todo: http://www.lasextanoticias.com/blogs/post/el_bluf_de_la_gripe_pirata/15301

    En canto ó das vacacións, pois sí, é unha putada. Eso xa é cuestión de xestión, pero, por exemplo, tamén quitou as peonadas...

    E bueno, como "sanitario" e asmático, ¿paso de facer as prácticas de Pediatría este ano? jojojo

    PD: Con respecto ó anterior comentario, voto por ameaza sanitaria.

    ResponderEliminar