domingo, 27 de septiembre de 2009

Días de vino y rosas


Esta semana fumos ao teatro, logo dunha inoportuna migraña que nos impediu achegarnos ao Principal, puidemos resarcirmos na beira do Lérez.
Non falarei, autocensureime, da eterna sensación que me invade cando acudo a unha obra como mero espectador. Da sensación do actor en paro.
Falarei só da obra, que, neste caso, non é pouco.

Días de vino y rosas é unha adaptación do clásico protagonizado por aquela bestia parda que foi Jack Lemmon. Levar unha película de tal calidade ao teatro sempre se fai compricado. E tendo tan presente a grandiosa interpretación da versión cinematográfica, as gañas de vela en teatro eran tan grandes como perigosas.
Perigosas pola subconsciente obsesión que temos por facer comparacións, e porque o cine ten aspectos que o teatro, por mera lei física, non pode ofrecer.

Agora ben, amiguiños, cando dous intérpretes se poñen a un par de metros de ti para contarche unha historia, dá igual que non existan efectos especiais, unha gran banda sonora... nin tan sequera unha escenografía especialmente coidada.
Esta parelliña, en cuestión, era Carmelo Gómez e Silvia Abascal (non sodes tontos, xa sei que os vichedes na foto). O primeiro, que hai anos que demostrou todo o que tiña que demostrar (lembro o perturbado que me deixara Vacas...), non fai máis que confirmar o tremendo actor que é. Bo de verdade, deses que fuxen de momentos de autolucimento. Limítase a facer o que ten que facer. Se é leñador, aparenta ser leñador; camareiro se camareiro, relacións públicas se relacións públicas... 

O caso de Silvia Abascal é curioso. Está aí para a meirande parte da opinión pública, todos a coñecemos (quen sabe se case máis que ao propio Carmelo) pero servidor non pode evitar ter a sensación de que é unha das actrices máis infravaloradas do panorama estatal. Das peor aproveitadas. Imaxino que lle faría falla estar tan cachonda como unha Pataky de turno (aínda que posúa esa beleza incuestionable). Non sei, non o entendo, Pedro, pídoche axuda. ¿Trátase dunha filia persoal? ¿ou é que o cinema patrio está tan plagado de actrices de indubidable categoría que a Abascal non remata de ter o recoñecemento masivo que merece?.

En fin, que o que eu quería dicir, básicamente, é que a vexades, e que se no momento de máxima tensión dramática da obra, a alguén lle soa o móbil, non o dubidedes, matádeo coas vosas propias mans, apretando tanto o pescozo que vexades que as veas lle rebentan. Hai placeres que non debedes evitar, senón vos iredes do teatro coa sensación de que un ser que non merece vivir convirteu un momento 10 nun momento 9,5...

5 comentarios:

  1. Ah, os móbiles no teatro, ese clásico...

    O meu con Silvia Abascal nunca o tiven moi claro. Unhas veces paréceme unha tipa cun encanto especial (e si, moi guapa á súa maneira) e outras irrítame moito esa dicción, un chisco afectada de máis para o meu gusto. O cal, por outra parte, seguro que a fai máis axeitada para o teatro...

    Aplaudo a túa ironía sobre "actrices de indubidable talento" no cinema español (no mesmo parágrafo onde aparece Elsa Pataky).

    ResponderEliminar
  2. terceiro intento de comentar dende o pc da empresa...

    Silvia abascal foi un grandísimo descubrimento teatral hai xa uns cantos anos... ademáis me encanta a sua beleza.

    respecto ó tema da entrada anterior... puff, puxérache un mega-comentario, pero este cabrón non me deixou posto... Só dicir q cada vez q na telegaita non me doblan ou subtitulan ós portugueses fanme máis castelán-falante. Conforme ecorde a chapa q te puña irei comentándoche por aquí...

    ResponderEliminar
  3. http://www.elmundo.es/elmundo/2009/09/29/cultura/1254209013.html

    ResponderEliminar
  4. Non sei por qué, pero a mín Carmelo Gómez paréceme un tipo demasiado discreto para o teatro. Me explico: non necesito que actúe de xeito histriónico, pero é como si tivese algo de horchata polas venas e lle faltase algo de ímpetu...
    Seino, pode que sexa unha fobia personal...
    (E un detalle reconstruilo ó castelán para ReySombra...)

    ResponderEliminar
  5. http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_0929.html?uri=/BNG/global/seccions/portada/index.html

    da web do bloque: O portavoz do BNG en materia de Lingua no Parlamento Galego, Bieito Lobeira,

    ResponderEliminar