3.- Déjame entrar, de Tomas Alfredson.- Está claro que non son orixinal, e que calquera
que se dese un paseo por uns grandes almacéns ve que esta pelicula lle gustou a moita xente, e non merece menos. A dozura coa que se conta esta historia de vampiros (sei que mentar a esos seres dá pouco menos que grima, correndo os tempos que corren), sen deixar de lado o que realmente é: unha historia de amor imposible bañado en sangue, non merece menos que un aplauso.
O maltrato por parte dos compañeiros, a fantasía de que podes vingarte desa xente que só busca facerche dano, a habilidade para contar sen amosar... todo iso é Déjame entrar. Se alguén non a viu, xa está correndo
2.- Up, de Pete Docter.- Debo pedir desculpas. Non podo
evitar ter a sensación de estar pecando, de que é imposible
que esta película non sexa a mellor do ano (quizáis o feito
de que acabo de vela no Blu-ray que lle regalei a Paula, e que
está fresca na memoria me fai deixar levar polos sentimentos).
Era Píxar, era unha aposta segura. E precisamente iso a fai aínda máis maxistral, máis emocionante, máis intensa, máis inspiradora. O feito, case a seguridade, de que esta xente non ten teito. Nin o ceo é xa o límite.
E é que o señor Friedricksen podería ser calqueira dos nosos avós, e a súa historia de amor é a que calqueira quixera ter, aínda que dure catro minutos e medio. E é que durante eses catro minutos e medio non se di nin unha soa palabra, pero se non che arranca un sorriso, e unha bágoa case ao mesmo tempo, non es persoa.
Sen discusión, a mellor longametraxe de xente que xa fixo obras mestras como Toy Story ou Montruos S.A.
1.- La Cinta Blanca, de Michael Haneke.- Dende o punto de vista de Pedro, que entendo, e mesmo non sei se comparto, esta película non debería aparecer nesta lista, e só podería estar na do 2010, xa que non chegou a data do estreno oficial. Cineuropa deume esa oportunidade, quizáis sexa trampa. Pero saber que xa viches a peli e tentar esquecelo é imposible.
Imposible polo ben contada que está, polo recoñecemento que merece unha das mellores seleccions de casting infantil que se poida lembrar.
Polo narrador, porque ata o final non sabes a que personaxe lle tes que facer caso, e resulta que xa che contaron a vida de todos, as súas miserias, tódolos matices. E miras o reloxo e pasaron case tres horas (si, Pedro, é moi longa, pero desas que pagan a pena por cada segundo) e non usaron nin un artificio que axudase a facer da trama algo máis levadeiro. Nin falta que fixo.
A cinta branca limítase a contarche unha historia, e a que te deas conta do ben feita que pode estar unha película sen necesidade de axudas externas. Só cun bo guión e con xente que sabe limitarse a facer o que ten que facer. Dito así, non parece gran cousa, pero o certo é que a día de hoxe, o resultado é unha obra mestra. ¿Ou é que alguén que xa a vise mo pode negar?.
P.D.- Nos prestixiosísimos premios europeos do cine, déronme a razón, e puxeron a Haneke por enriba de Audiard, nun ano no que se verán a cara en milleiros de galas, loitando polas mesmas categorías. Non hai cor (lo pillas?)
P.D.2.- Insisto, aínda así, na sensación de desacougo interior que me produce relegar a Up a un segundo posto (sei que para os tres que ledes isto, non pasa de ser unha frikada), pero xa está, non hai marcha atrás.